02/02/12
Primeiro concerto da Xira Surreal do grupo Marful que os levará a lugares especiais,...
16/02/12
aCentral Folque fará unha ponencia explicando o proxecto de...

OBITUARIO DUN GRANDE ARTESÁN
27/01/12"Esta mañá faleceu o patriarca da familia Seivane, Xosé Manuel Seivane Rivas, aos 90 anos de idade. Xosé Manuel Seivane, nacido en Fonmiñá, A Pastoriza, en 1921, foi o creador do selo Seivane e o iniciador dunha das sagas de artesáns e artistas máis recoñecidas dentro do mundo da gaita". Este é o comunicado público da familia de estirpe gaiteira en Cambre. Fina así un dos meirandes baluartes na evolución moderna da gaita nun obradoiro famoso no mundo enteiro e de grande calidade artesá. O seu corpo xace no tanatorio Eiroa en Culleredo.

XIRA COA BANDA AO COMPLETO
27/01/12A artista, coñecida por ser unha das poucas tocadoras de nickelharpa do Estado, Ana Alcaide, visitará Galicia en febreiro dentro da súa xira de presentación do seu novo disco 'La cantiga del Fuego', unha creación nova inspirada na antiga tradición sefardí e o terceiro disco desta toledana que vén cunha banda de dez músicos multiétnica de diferentes países de Asia, Europa e América.

INAUGURACIÓN COA MÚSICA AO VIVO
27/01/12A galería de arte METRO de Santiago (Rúa Nova) presenta "Haciendo el amor en un coche bomba", a primeira exposición individual na cidade de Suso Basterrechea, quen representará a esta galería na próxima edición de ART MADRID que se celebrará do 16 ao 19 de febreiro no Pavillón de Cristal da Casa de Campo de Madrid. A inauguración acontecerá este 27 de xaneiro ás 20 h na propioa galería METRO e contará coa acordeonista Lolita Delmonteil.

DIRECTOR MUSICAL DO PROXECTO FLORENCIO
16/01/12O músico castelán Germán Díaz dirixe a música dun novo proxecto deseñado desde aCentral Folque, o proxecto Florencio , unha experiencia pedagóxica, escénica, de recuperación e actualización dun dos intérpretes máis carismáticos da música popular galega moderna, o violinista e cantor cego, Florencio dos Vilares. Aquí deixamos unha entrevista feita nestes días por www.folque.com

Presenzas musicais íntimas e exclusivas en lugares únicos
26/01/12Marful comeza 2012 cunha xira por espazos singulares, experiencias musicais de perto e con valor engadido. A primeira parada será no Mosteiro de Carboeiro o vindeiro xoves 2 de febreiro ás 20:30 h. Porque non hai máis crise cá das ideas e o mundo é dos “valentes, que ensinan os dentes”, Marful arrinca este 2012 cunha xira chea de beleza e cariño. Un percorrido polos lugares máis paradisíacos da xeografía galega. Unha proposta de achegamento ao público do país porque “Sempre hai público para unha boa música. Sempre hai corazón para un bo sentimento”. Serán recitais con aforo limitado. Reserva en www.turismosilleda.es

INAUGURA A SERIE OPÚSCULOS DAS ARTES
19/01/12O bibliófilo, investigador, músico e mestre José Luís do Pico Orjais inaugura a serie Opúsculos das Artes no novo portal commons.folque.com de descargas online de materiais de investigación cun interesante ensaio sobre os estudos de Isidoro Brocos para a súa escultura en terracota "O vello da sanfona" (1909). Esta achega é unha valiosa documentación sobre o modelo iconográfico no que se baseou o escultor para a súa peza, así coma a publicación dos planos do instrumento que Brocos empregou coma referencia e unha breve coletánea de melodías e cantos tradicionais recompilados polo escultor e tres muiñeiras compostas por el mesmo no 1898 para piano. Este traballo é de libre descarga aquí

PORTAL PARA A DISTRIBUção DE CONTeúdos e investigação
17/01/12Os primeiros títulos são um estúdio sobre a sanfona de Isidoro BRocos de J.L.do Pico inaugurando a série "Opúsculo das Artes" e outro é a versão em .pdf de "A La Habana quiero ir". La música de los gallegos en Cuba" de Ramóm Pinheiro

AXUDA POR MICROFINANCIAMENTOS
13/01/12Desde o alg-a lab busca axuda por medio do microfinanciamento (a través da plataforma Verkami) para esta interesante proposta UNPACK./ Rutas interactivas en un coche equipado con sensores. Unpack./ é unha viaxe nun coche preparado con sensores e dispositivos de geolocalización (gps) conectados aos corpos dos ocupantes. quen por medios tecnolóxicos xerarán a narración audiovisual que se escoitará/proxectará dentro do mesmo carro. Esta é unha idea do artista francés Jepeto (a.k.a. D:shin./_vra) que desenvolverá o proxecto durante unha residencia de 2 meses na o alg-a lab.video promo