nova

MARFUL EN ESPAZOS SENLLEIROS

20/02/12

Terceira parada da Xira Surreal

Continúa a Xira Surreal de Marful, recitais en espazos senlleiros, peculiares e surreais con degustación de produtos típicos da zona que desta volta fai parada en Muros u nun muíño de marea rehabilitado moi xeitoso e especial. Será o venres 24 de febreiro no muíño do Pozo do Cachón en Muros ás 21 horas. 

nova

I CONCURSO PARA CUARTETOS DE GAITA E PERCUSIÓN

19/02/12

Concurso Toxos e Froles

O Real Coro "Toxos e Froles" organiza o I Concurso de Cuartetos, con instrumentos tradicionais galegos. A final do concurso terá lugar o vindeiro 24 de marzo, na sede do Real Coro "Toxos e Froles", e está dotado dun premio único de 1500 euros. Podes inscribirte enviándonos por correo electrónico (info@toxosefroles.com) o formulario de inscripción, que podes atopar aquí: formulario de inscripción I Concurso de Cuartetos O prazo para a entrega das solicitudes é o 16 de marzo. Tamén podes descargar as bases da convocatoria, neste enlace: Bases do I Concurso de Cuartetos

NOVA NA SECCIÓN GALEGA DO XORNAL

15/02/12

O Proxecto Florencio en El País

Recollemos unha reseña xornalística aparecida este mércores 15 de febreiro en El País -Galicia- escrita por Diana Mandiá onde recolle aspectos claves da proposta. Podes ler a nova aquí

nova

PORTAL PARA A DISTRIBUção DE CONTeúdos e investigação

17/01/12

Nasce commons.folque.com

Já está aberto e funcionando a web commons.folque.com . Este site é um projeto de aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular para  contribuír a divulgação e distribução da cultura livre em textos sobre música, arte, pensamento, investigação... É um projeto coletivo orientado para que qualquer pessoa possa utilizá-lo, tanto para procurar, como para introduzir informação. Folque Commons (FC) distribui gratuitamente em formato electrónico em diferentes formatos eletrónicos. Qualquer pessoa interessada, pode colaborar enviando os seus textos através do email: commons@folque.com

Os primeiros títulos são um estúdio sobre a sanfona de Isidoro BRocos de J.L.do Pico inaugurando a série "Opúsculo das Artes" e outro é a versão em .pdf de "A La Habana quiero ir". La música de los gallegos en Cuba" de Ramóm Pinheiro

máis novas

nova

Premios da música folk do xornal coruñés

20/02/12

Finalistas dos Premios Opinión

Os premios que coordina o xornalista Óscar Losada cumplen 11 anos e para esta nova edición do 2012 presentan unhas interesantes novidades que fan madurar o único certame deste tipo que queda en Galicia. Tres categorías diferentes (mellor album, tema orixinal e artista) que se darán a coñecer o mesmo día do certame, no mes de maio. Uxía, Riobóo, Assembly Point, talabarte, DOA, son algúns dos finalistas. Tamén optan a premio dous proxectos saídos dos miolos de aCentral Folque: a dirección musical da Atlántica Vapora Orquestra (de Óscar Fernández) e un tema de Acrobata ("Depressa a vida pasa") de Fred Martins e Ugia Pedreira.

nova

EDICIÓN XVII NO 2012

15/02/12

Continúa o Barnasants

Desde finais de xaneiro até o abril, prosegue o Barnasants, festival internacional de cantautores de Barcelona, empezou en 1995 e chega a ser o festival máis importante no seu xénero, presentando grandes figuras consagradas da canción de autor.

nova

Derradeiro programa da serie

10/02/12

A AVO no último Alalá

A Atlántica Vapora Orquestra (AVO) será a protagonista do derradeiro programa da serie Alalá , un exitoso formato na TVG que colleitou numerosas e regulares audiencias e que agora chega ao seu fin. A AVO é un proxecto creado desde aCentral Folque e é un produto saído da labor feita en Vilaxoán de Arousa desde o ano 2009 sobre repertorio reinterpretado da bisbarra de Arousa e que deu o ano pasado o seu primeiro CD "Porto de Vilaxoán". O Alalá será emitido este sábado 11 de febreiro ás 16 h na TVG