2ª tempada de GZmusicaTV

A mediados deste agosto de 2014 comeza a 2ª temporada de GZmúsica TV

• Durante 13 semanas, os mellores festivais de música do verán galego darán o salto á pequena pantalla da man de GZmúsica.

• A estrea foi o mércores 13, ás 22:30h, co programa dedicado ao Festival Reperkusión

• O programa emitirase inicialmente en Localia Vigo, sintonizable no sur da provincia de Pontevedra na TDT, e en R Televisión, na canle 135, en toda Galiza.

• Ao longo dos vindeiros días estarán confirmados os horarios de emisión nestoutras cadeas locais galegas: Nós TV, Canal Rías Baixas, TeleCoruña e TeleFerrol.

Despois de emitir no 2013 a primeira temporada de GZmúsica TV, na televisión local de Vigo Vía TV e mais en streamming na rede, o equipo de Borneira Audiovisual e GZmusica.com comezan unha nova aventura televisiva. Ao longo das vindeiras 13 semanas visitan da súa man os mellores festivais galegos -Reperkusión, Revenidas, Castelo Rock, Antrospinos,…- para mergullarnos no ambiente festivaleiro do país.
Música á esgalla, mais non só iso. En Gzmúsica TV tamén se falará moito cos protagonistas destes festivais: músic@s, organizador@s e público, para sentir como se vive un festival desde todos os puntos de vista posibles. Este ano Gzmúsica TV terá oco para máis cousas: humor e moitas outras sorpresas que iremos desvelando aos poucos.
A emisión comeza en Localia Vigo, sintonizable no sur da provincia de Pontevedra na TDT e através de R Televisión en todo o país na canle 135. Porén, haberá datas e horarios de emisión en Nós TV, Canal Rías Baixas, TeleCoruña e TeleFerrol que xa confirmaron a emisión do programa. Probablemente máis televisións locais galegas acaben emitindo GZmúsica TV.

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario