A Universidade de Santiago de Compostela presenta o 2º Máster en Industria Musical “SongWriting & MediaScoring” (Autoría de cancións e músicas para a escena e os medios). O programa está dirixido a creadores con formación musical e autodidactas con paixón por crear música co obxeto de expandir a creatividade entre o escenario e a pantalla: live performance, film scoring, televisión, videoxogos, márketing & publicidade, streaming dixital, industria fonográfica, radio & podcast, novos medios e soportes, vídeo musical… Unha formación integral que, ademais de desenvolver a creatividade, proporcionará as ferramentas necesarias para coñecer a fondo a industria na que desenvolver o futuro profesional.
Para creadores autodidactas ou con formación musical regrada. Un posgrao intercambiando ideas, cancións e experiencias.
- Duración:1 ano, de xaneiro a decembro de 2016
- Lugar: Sede Facultade de Ciencias da Comunicación Universidade de Santiago de Compostela (USC) Galicia
- Tipoloxía: Presencial & OnLine
- Preinscrición: Prazo de preinscrición de 1 a 31 de xullo http://masterenindustriamusical.com/admision-e-matricula/
Máis información en: info@masterenindustriamusical.com