A Cámara Escura nas VII Xornadas arredor da Música Tradicional da AGG

aCentral Folque participará nas VII Xornadas arredor da Música Tradicional coa presentacións da nova colección de libros Cámara Escura que conducirá Eutropio Rodríguez o vindeiro 28 de setembro a partir das 13.10 na Casa da Gaita, Viascón (Pontevedra). e que organiza, máis un ano, a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s.

Esta cita está destinada, non só a todas aquelas persoas que traballan no entorno da música tradicional, senón tamén a todo aquel que queira saber máis tanto das nosas tradicións, como das de outros lugares, xa que ao igual que nas pasadas edicións, amosáranse outras formas da cultura tradicional, favorecendo deste xeito a que sexa un punto de encontro para afondar e incidir na importancia que teñen os traballos de investigación realizados neste campo para poder coñecer, afondar e transmitir as tradicións.

 

Entrada de balde, previa reserva de praza a través do teléfono 986 847 074 ou enviando un correo electrónico  secretaria@gaiteirosgalegos.gal

PROGRAMA

10.15 – Apertura e entrega de documentación

10.30 – Relatorio I – Demostración

“O pandeiro de paos”. María Vidal e Xermán Muíños

11.20 Quenda de preguntas

11.30 – Relatorio II

“Florencio, o Cego dos Vilares. Aproximación ao estilo interpretativo a través da análise ”. Felipe Rodicio

12.20 Quenda de preguntas

12.30 – Descanso

12.50 – Presentacións de publicacións

12.50: “Entre Fusco e Lusco” de Rafa Crespo e “Colleita Propia” de Pablo F. Rial . Editorial Ton e Son

13.10: Presentación da colección Cámara Escura con Eutropio Rodríguez, “O danés curioso en Ordes” d@s autor@s Gustav Henningsen, Eutropio Rodríguez e Estívaliz Espinosa e “Os danzantes dos Reis” d@s autor@s Eutropio Rodríguez e Alba Cid. Editorial aCentral Folque.

13.30 – Xantar

16.30 – Relatorio III

“Anotacións encol do uso da trompa ou mosugitarra no País Vasco”. Juan Mari Beltrán

17.20 Quenda de preguntas

17.30 – Relatorio IV

“Pasado e presente do pito pastoril na Galicia”, dende o século XIX a actividade do IGAESPI, avances da investigación. Miguel Mosquera e Efraím Díaz

18.20 Quenda de preguntas

18.30 – Descanso

19.00 – Relatorio – Concerto V

“Os Trabazos de Castro Caldelas: actividade, aspectos biográficos, instrumentos de traballo, homenaxes e repertorio”. Alexandre Rodríguez.

19.50 Quenda de preguntas

 

Casa da Gaita: Lugar de Quintán, 4 (Viascón – Cotobade).

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario