A Chave Mestra no CMUS de Vigo

bannerChave6libros_webO vindeiro xoves 19 de maio vaise presentar os libros da colección “Chave Mestra” no Conservatorio Superior de Vigo á que atenderán estudantes do centro e público interesado. Falará o editor e director da colección Ramom Pinheiro, de cada nu dos títulos que a compoñen así coma pistas dos novos títulos nos que andamos a traballar. Será no Auditorio Martín Códax a partir das 13 horas.

CHAVE MESTRA é unha colección rigorosa e preciosista, promovida por aCentral Folque, centrada en personaxes históricos do patrimonio musical e oral galego. Artistas que destacaron e ofreceron a súa personalidade, bon facer, e que axudaron a transmitir un coñecemento esencial do presente cultural galego. Gaiteiros, zanfonistas, violinistas, narradores, acordeonistas…

Unha serie de publicacións para rescatar, descubrir e divulgar, figuras indispensabeis da cultura tradicional. Libros de alta calidade con fotos inéditas, ensaio histórico e musical, transcrición e análise de partituras e CDs con gravacións orixinais e inédicas en cada unha das publicacións.

Sendo fieis á traxectoria de aCentral Folque de promover que os estudos e publicacións que realizamos teñan unha dimensión escénica que permita desde unha óptica actual compartir e reelaborar os saberes artísticos que nos foran legados, algúns destes títulos teñen aparellado algún tipo de espectáculo especial coma Os Contos de Joselín con Quico Cadaval, Celso Sanmartín e José Luis Gutierrez “Guti” en palco ou de Óscar Ibáñez Trio coa gaita orixinal do século XIX tocando o repertorio de Xoan Tilve.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario