A Escola Livre da MPG está en fermentación para comezar o novo curso o vindeiro luns 13 de outubro, como desde hai 14 anos despois do feriado estatal do 12 de outubro. Desta volta, o mestre encargado de ser a imaxen do curso é o veterán músico Roberto Sala, especialista en frautas que leva á fronte desta especialidade desde o 2001 como sustituto do queridísimo Luís Areán de Lalín.
A matrícula segue aberta. Podes facela online ou informate no tlf. 698 144 852.
Para este outono estamos a recoller os froitos do que sementamos ao final do curso pasado en primavera e logo dun verán cheo de festivais, concertos, festas, romarías e preparación, aquí traemos o cartaz para este ano: