A Mariña MOV en Ribadeo

marinhamovA MARIÑA MOV: Improvisación Interdisciplinar Libre e Neuromovemento Craneal.

A Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento e aCentral Folque subvencionanda polo Concello de Ribadeo, accionan por primeira vez en A Mariña, contextos de Arte e Saúde encamiñados a criar novas vías de comunicación, integración e movemento a través do Neuromovemento Craneal, a Improvisación Interdisciplinar Libre, a música e a danza.

A programación, que se desenvolverá durante os primeiros meses deste 2015, inclúe tres espazos de aprendizaxe e está dirixida a nen@s, xovens e adultos interesados-as, e aberto para diferentes ámbitos relacionais, profesionais, artísticos dependendo dos recursos físicos e psíquicos de cada quen.

CURSO DE IMPROVISACIÓN LIBRE con CHEFA ALONSO para músicos, poetas, bailarins, artistas plásticos e toda xente adicada á escena.

  • 8 de maio de 11h a 14h e de 17h a 20h.
  • 9 de maio de 11h a 14h.
  • Lugar: Auditorio de Ribadeo. (prazas limitadas)

ESPECTÁCULO “BAILAR EL AGUA” con CHEFA ALONSO (médico e música) e RAQUEL SÁNCHEZ (bailarina e coreógrafa) para persoas con diversidade funcional e público interesado.

  • 9 de maio ás 18h
  • Lugar: Auditorio de Ribadeo. (reservas limitadas)

SESIÓNS DE NEUROMOVEMENTO CRANEAL con JUAN CARLOS CONCHA MATUS (osteópata especialista en ABM de Fendelkrais) para persoas con diversidade funcional, dores crónicos ou limitacións de movemento.

  • 4-8 de xuño. Sesión individual de 45 minutos ata completar prazas.
  • Lugar: Hotel Cabazo. Ribadeo.

 

 

1*Curso Interdisciplinar de Improvisación Libre, con Chefa Alonso.

Este taller será dirixido e impartido por Chefa Alonso, Doutora en Improvisación Libre e Composición pola Universidade de Brunel (Londres), docente galega, directora e música con máis de trinta anos de experiencia, participante en diferentes festivais internacionais de free jazz e improvisación libre (Alemania, Rumania, Mexico, Austria, Inglaterra…), e con experiencia amplísima na dirección e formación de grupos e orquestas.

A quen vai dirixido? A artistas: músicos, poetas, bailarines-as, actores-ices, artistas plásticos,…amadores ou profesionais.

De que se trata? Elaborase un obradoiro onde os participantes poderán aprender diferentes dinámicas:

  • Propostas de escoita e interacción: xogo do eco, solos/dúos encadenados, duos/cuartetos con loops….
  • Proposta de decisión, memoria e selección de material: os tres desexos, ostinatos, o xogo da mai…
  • Desenvolvemento dunha estructura e preparación de estrategias de improvisación: traballo en grupo sobre unha imaxe.
  • Pratexamento e desenvolvemento de un carácter: as miniaturas sobre Haikus.
  • Os motivos, os seus desenvolvementos, os finais.
  • Dúos sobre suxestións poéticas.
  • Pezas orquestais, sinais de conducción e postais sonoras.

Número asistentes: 10 mínimo e 15 máximo. Todos os participantes deberán traer o seu instrumento (musical, corpo, voz, texto, material para plástica, etc) así como o equipo necesario para o seu son ou visibilización.

Onde e cando?

8 e 9 de maio: 8 de maio (venres) de 11h a 14h e de 17h a 20 h; 9 de maio (sábado) de 11h a 14h

Espazo: Auditorio de Ribadeo.

 

2*Bailar el Agua, por Chefa Alonso (médica e música) e Raquel Sánchez (bailarina e coreógrafa)

De qué se trata e a quen vai dirixido?

Chefa Alonso, música e doutora, xunto á bailarina e coreógrafa Raquel Sánchez presentannos ‘Bailar el Agua’ un taller espectáculo que levan desenvolvendo en diferentes países e continentes desde 1999 e que por primeira vez ven a Galiza despois de 16 anos impatíndose polo resto do estado e Sao Paulo (Brasil). Un espectáculo realizado por un equipo de músicas e bailarinas concebido para persoas con diversidade funcionalenraízado na capacidade de integración social e mellora terapéutica que ten a creación artística baseada na improvisación.

Trátase dun espectáculo de unha hora de duración onde as facilitadoras xunto ás persoas con diversidade funcional crearán unha obra musical e de danza a través do uso da improvisación como recurso comunicativo, permítindo así establecer un diálogo cos asistentes, integrar as súas respostas e compor con elas en tempo real. Proponse un formato especial que produce unha estimulación sensorial e emocional moito máis ampla.

Número de participantes e características

Nº máximo e mínimo de participantes: entre 10 e 25 persoas con diversidade funcional

O público acompañante e resto de público interesado, estarían noutra disposición espacial.

Onde e cando?

9 de maio ás 18.00h. Lugar: Auditorio de Ribadeo.

Duración: unha hora.

+info: Ver video: https://vimeo.com/55946936

 

3*Sesións Neuromovemento Cranial, por Juan Carlos Concha Matus.

Impartidas por Juan Carlos Concha Matus, afincado en Mallorca, osteópata formado no Método ABM -Anat Baniel Method- de Fendelkrais (San Rafael, California) e practicante do mesmo en diferentes países europeos: Rusia, Dinamarca, Alemania… A súa longa experiencia con nen@s e adultos con (e sen) diversidade funcional achega un importante avance na diversidade funcional na Galiza desde outubro de 2013. Esta é a primeira vez que se practica na comarca de A Mariña .

De qué se trata?

NeuromovimientoCraneal é a súa plataforma, ferramenta principal para traballar con adultos e nenos. Un enfoque e técnica refinada no tacto e movemento, aproveitando ao máximo a plasticidade natural do sistema nervioso e a respiración primaria sanadora dos tecidos corporais. Nesta ocasión presenta unha programación de cinco xornadas con sesións individuais todos os días ata completar as prazas.

A quen vai dirixido?

O público ao que están dirixidas son todas aquelas persoas que queiran profundizar no seu propio potencial a través do movemento. En particular a:

  • Adultos con dores crónicos ou limitacións de movemento.
  • Nenos con necesidades especiais e ás súas familias.
  • Terapeutas manuais que queiran ampliar as súas técnicas e recursos.
  • Profesionais da saúde, a docentes, a artistas (de música, teatro, danza…)
  • Docentes especializados en educación física, plástica e música.

Características

Cada sesión individual ten unha duración estimada de 45 minutos. O número de prazas é limitado e confirmaranse segundo orde de inscrición.

Datas e Horarios

Do 4 ao 8 de Xuño. Todos os días desde as 10.00 h. ata as 14:00 h. e de 16.00 h. ate 20.0o h.

Onde?

Sesións: Hotel Cabazo , Ribadeo.

+info: http://neuromovement-cranial.com/

Contacto para reservas e información:

Marina Oural, +34658792310/marina.oural.villapol@gmail.com

  • Organiza: aCentral Folque
  • Produce: Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento
  • Subvenciona e promove: Concello de Ribadeo.Concelleria de Asustos Sociais.Concelleria de Cultura.

 

Vídeo da acción de Chefa Alonso e Raquel Sánchez “Bailar el agua”: https://vimeo.com/55946936

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario