Presentouse aos medios a Rede de Músicas Soltas na Casa da Cultura de Redondela onde asistiron o concelleiro Xabier Alonso, Olga Nogueira d’aCentral Folque e os artistas Davide Salvado e Marta Martínez das Lagharteiras. Na rolda destacouse a importancia da regularidade nas programacións culturais para favoracer o hábito de acudir ao auditorio e para a creación de audiencias que poidan soster programacións ambiciosas coma estas.
A Rede ademais vai incluir este ano unha inciativa de levar aos artistas ás parroquias da vila que terán unhas conversas previas aos concertos nos locais veciñais de Redondela. A primeira será unha sesión con Davide Salvado na parroquia de Saxamonde o sábado 16 de xaneiro ás 17 horas.
O concerto inaugural da III Rede de Músicas Soltas é o da banda de Davide Salvado que presentará Lobos, o seu último disco. Será a partir das 21 horas no Auditorio da Xunqueira.