Aberta convocatoria para o 5º GPS

O circuíto estatal de músicas populares Girando por salas, GPS, puxo en marcha a súa quinta convocatoria. A iniciativa do Ministerio de Educación Cultura e Deporte, a través do INAEM, en colaboración coa Federación coordinadora do circuíto de Músicas Populares, organiza concertos en salas de toda España apoiando a artistas emerxentes.

Do mesmo xeito que en anteriores edicións, poderán inscribirse todos os artistas emerxentes de calquera estilo musical, tanto solistas como bandas, con polo menos un EP editado e un máximo de tres LP. Entre os grupos inscritos que cumpran con todas as bases, sairán 40 bandas seleccionadas e cada unha delas gañará unha xira de catro concertos en salas de todo o territorio español, sempre fóra da comunidade autónoma da que fose o artista, ademais dunha axuda para a promoción discográfica.

GPSO obxectivo de GPS é potenciar aos novos talentos musicais ademais de fomentar a música en directo, potenciar a industria musical e dar estabilidade ao circuíto de salas de música en directo.

O prazo de inscrición é do 1 ao 12 de Setembro.

Toda a información e as bases en www.girandoporsalas.com

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario