aCentral Folque na SELIC’19

Máis un ano o Concello de Santiago organiza a Semana do Libro de Compostela, un evento de 10 días co espazo central localizado na praza da Quintana (antiga praza dos Literarios) nunha carpa que acolle máis de 30 expositores e moitas máis actividades que van desde a presentacións editoriais, roteiros literarios, concertos, animación infantil, palestras, etc.  desde o 7 de xuño até o 16 domingo.

A SELIC foi presentada este xoves 6 en rolda de prensa . Podes ver todo o programa de actividades nesta ligazón: http://santiagodecompostela.gal/imxd/noticias/doc/155982322202_Programacion_SELIC_2019-1.pdf

aCentral Folque contará cun stand propio onde teremos os títulos publicados pola editorial e información sobre o proxectos. A programación específica para esta SELIC’19 é a seguinte:

  • Venres 7. 18 h
    Colección “Cámara Escura” (presentación)
    Eutropio Rodríguez (fotógrafo) / aCentral Folque
  • Domingo 9 20 h
    Chané na Habana (charla)
    Sixto Gómez Echemendia / aCentral Folque
  • Mércores 12 20 h
    Bailegramas (presentación e música)
    Sergio Cobos / aCentral Folque
  • Venres 14 21 h
    Somos un pobo de artistas
    Xurxo Souto / aCentral Folque
  • Domingo 16 20 h
    Concerto de primavera
    Escola de Música d’aCentral Folque

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario