aCentral Folque no CMUS Vigo

Co gallo da celebración do día das Letras Galegas 2018, o CMUS de Vigo, convida aCentral Folque a falar dos novos títulos da colección Chave Mestra e da Urbana Sonora (“Chané”, 1º título da serie). Ramom Pinheiro, editor da liña editorial de aCentral Folque falará sobre os libros e Xulia Feixoo, autora de dous títulos da Chave Mestra e graduada en Percusión polo propio conservatorio de Vigo, falará ao público asistente dos libros Maruxa das Cortellas e Mulleres de Gargamala!

O acto terá lugar no Auditorio Martín Códax no Conservatorio Profesional de Vigo no parque do Castro o mércores 16 de maio ás 13 h.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario