aCentral Folque no Colourscape, Londres

En Londres celébrase desde o 14 até o 22 de setembro un evento único e singular. Un labirinto psicodélico de PVC inflábel que acolle diversas performances artísticas, workshops, paseos sensoriais,… aCentral Folque é convidada este ano a participar do festival Colouscape de Clapham Common, ao sul do Támesis no corazón da capital británica.

Colourscapes é un paseo en estruturas de cor e luz, orixinalmente creado polo artista Peter Jones nos 70s. Sobre uns 40 Colourscapes se teñen feito xa en moitos tamaños diferentes e as formas que ofrecen experiencias diferentes. Mentres exploras os moitos cuartos interligados, experimentas a intensidade e apreciación de cor nun xeito novo. As cores nas estruturas son translúcidas en vermello, azul, verde, amarelo e opaco gris, mais verás mesturas de cores que non podes ser capaz de nomear.

A dupla Can&Do, formada polos sanfonistas Ariel Ninas e Iván Abal que acaban de actuar no Gaia World Music recentemente tocarán o domingo 15 de setembro acompañando á percusionista chinesa Beibei Wang na performance “East meets West” que terá catro horas de duración no total con pausas entre actos.

Para ver os detalles desta convocatoria, podes descarregar o pdf aqui ou visitar a páxina de EyeMusic para coñecer este e outros proxectos que realiza este colectivo de artistas multidisciplinares.

Sunday 15 September: 12.30 to 4.30pm – EAST MEETS WEST Beibei Wang performs Chinese percussion with musicians from Galicia on hurdy-gurdy

Young Chinese percussionist Beibei Wang is a virtuoso percussionist who has taken the classical and contemporary music world by storm – both in China and the UK. In her first Colourscape Music Festival event she is joined by Lin Chen to perform music by Xenakis, Steve Reich, Minoru Miki and herself. As well as the contemporary written music Beibei will play traditional Chinese music and improvisations on a huge range of percussion.

Performing alongside Beibei will be Ivan Abal and Ariel Ninas playing Hurdy-Gurdy from aCentral Folque, Galician Centre for Traditional music

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

One Comment

  1. Queee!! Interesaaante!!!, pero un pouco lonxe….

Deixa un comentario