aCentral Folque no Culturgal 2019

Esta fin de semana do 29 de novembro ao 1 de decembro estaremos cun stand propio no Culturgal (Pontevedra) con todo o noso fondo editorial para que lle botes un ollo, o noso mellor sorriso e encanto persoal para que nos preguntes o que queiras e artistas e investigadores que presentan traballo neste final do 2019: Ariel Ninas, Xico de Cariño, Xavier Groba, Xurxo Souto, Eutropio Rodríguez, Kike Estévez, Alba María, José Luís Dopico.

Este é o programa:

Sábado 30 Novembro

  • Do Natal aos Reis

Coa actuación musical de Ariel Ninas

12:00 Stand aCentral Folque

  • Ribeira de Louzarela, Brindador da dentro
  • Romanceiro Tradicional

Inteveñen Alba María & Kike Estévez

17:00 Stand aCentral Folque

 

Domingo 1 Decembro

  • Antonio Fraguas e a memoria musical de Cotobade

Inteveñen Xavier Groba & José Luís do Pico

Coa participación musical de Tralo-Valo

11:30 Espazo Libro

  • Na harmónica

Intevén Xico de Carinho

13:00 Stand aCentral Folque

  • Sindo de Olelas

Inteveñen Xurxo Souto & Eutropio Rodríguez

16:30 Espazo Foro

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

One Comment

  1. Espero ir, o ano pasado foi unha experiencia interesante!!!!!!

Deixa unha resposta a Teresa Cancelar a resposta