O vindeiro domingo 29 de novembro de 2020 aCentral Folque participará no palco “Escena” desde o Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra nun evento deste Culturgal’20 marcado polas circunstancias actuais da alerta sanitaria e que se ofrecerá ao vivo para un público moi reducido (de balde con reserva) e emitido por Internet na canle da feira desde a súa web: https://www.culturgal.com
O recital “aCentral Folque presenta…” é un espectáculo de 1 hora onde haberá un repaso coas novidades deste 2020 desde a editorial. Performances, concertos e palestra arredor dalgúns dos temas que aCF argallou neste ano tan especial.
- Abellón. O libro Negro das Zoadeiras. Performance dos autores do libro Xoán-Sil López e Mauro Sanín nunha interacción con zoadeiras e bramadeiras sobre os vídeos feitos ex profeso para este proxecto coa actriz Paula Ballesteros.
- Fuliada na Vila. O autor e músico Richi Casás acompañado de Fran Galán, guitarrista do proxecto de 11 músicos, interpretarán algunhas versións a dúo do libro-disco homónimo con arranxos do autor sobre as melodías recollidas por Dorothé Schubarth na Vila da Igrexa en 1980 da súa avoa, Rosa Casás.
- O feitizo de Maruja Roca. Estrea deste proxecto editorial sobre a grande fotógrafa de Becerreá coa intervención de Eutropio Rodríguez, editor do libro e Nieves Neira, performer.
- Ben vennas Maio. Cos músicos Pablo Sanmamed, Iago Mourinho e Chus Pazos sobre arranxos do primeiro sobre cantigas profanas de Afonso X do que será o seu próximo traballo discográfico neste Nadal. A poeta Alba Cid intervirá cun fermoso texto que acompaña este vinilo.
ESPERO DISFRUTAR COMA SEMPRE COS VOSOS TRABALLOS