A cuarta edición do Celtic Fringe Festival ten unha nova convocatoria do 17 ao 20 de setembro onde aCentral Folque. A vila de Grange (Sligo Co.) acolle este festival, creado arredor da viaxe que a Grande Armada de Filipe II de España fixo en torno ás illas británicas en 1588 logo do intento fallido de invadir a Inglaterra de Elisabeth I. Concertos, roteiros, conferencias, descuberta do patrimonio marítimo, convivio, etc son algunhas das actividades que están programadas para esa finde semana.
aCentral Folque volverá participar na posta en escena da The De Cuellar Suite canda a Ceol na Nog Sligeach Orchestra de Sligo.
Ademais póra música ao acto “Remembering the Armada” o sábado 19 de setembro que pretende reunir a 1.100 voluntarios na Streedach beach, lugar onde outros tantos mariñeiros españois encallaron en tres barcos en 1588 e case na súa totalidade morreron nese lugar. Somentes un feixe deles lograron sobrevivir, entre eles, o capitán Francisco De Cuellar.
A “De Cuellar Suite” e a HISTORIA DO CAPITAN DE CUÉLLAR
As composicións están baseadas na abraiante historia de Francisco de Cuellar, Capitán de navio que zarpou do porto da Coruña rumbo norte e un dos poucos superviventes das naos da Armada Invencíbel que encallaron en Streedagh Strand, Sligo en 1588.
A composición segue o enfrontamento da Armada coa frota inglesa, a súa derrota e loita desesperada subseguinte para regresar a España navegando ao redor da Gran Bretaña onde moitos dos barcos foron destrozados nun excepcionalmente tormentoso outono.
De Cuéllar loita para sobrevivir na súa odisea desde Streedagh por Sligo e Leitrim. A fame, feridas e morte próxima antes da súa chegada ao forte dos McClancys en Lough Melvin. Durante o inverno de 1588 con éxito sobrevive un asedio do seu castelo por parte dos exércitos ingleses e loitando do lado dos chieftains de Irlanda, devindo un heroe para os ollos locais.
Non sen sobresaltos e logo dun segundo encallamento en Flandes, consegue regresar á coroa española. É desde Amberes onde escribe unha carta a Felipe II relatando esta historia.