aCFolque é

A música galega é arquitectura, é deseño, é restauración, é investigación, é turismo.

A música galega é traballo, é unha demanda social, é mais que un valor cultural.

A música galega é unha profesión.

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, 15 anos abrindo xanelas para a música galega

🙂

aCF é un proxecto fundamentado no estudo, promoción e divulgación da música galega cun enfoque aberto, global e contemporáneo.

Programa as súas actividades en dúas áreas:

  • docencia regular en escolas de Santiago e Pontevedra
  • investigación e divulgación do patrimonio musical
  • produción profesional de eventos escénicos e pedagóxicos

En aCentral Folque reinventamos as formas populares, experimentamos e potenciamos as cualidades da autora para que sexa a artista a mellor carta de presentación da cultura galega no mundo.

>_SOMOS

>_EQUIPO

>_LOCALIZACIÓN

>_FAQ

 

Comments are closed