aCFolque no Culturgal22

aCentral Folque volta este ano ao Culturgal en Pontevedra. Teremos un stand propio, o número 48 coas novidades deste ano e outras publicacións do noso catálogo. Ademais teremos actos de presentación de dous títulos editados recentemente:

  • VENRES 25 NOVEMBRO. 20:50 h

No Espazo Libro  ‘A faia de Ponto. Le roi de la Galice‘ con Alba Cid, Estevo Creus e Pablo Castaño.

Desde as 19 horas os autores estarán no stand da iolque asinando exemplares

  • SÁBADO 26 NOVEMBRO. 17.00 h

No Espazo Arte ‘O pálpito interior‘ co editor fotográfico Eutropio Rodríguez.  Depois do acto  o editor estará no stand asinando exemplares.

O Culturgal é unha feira para profesionais, institucións e público xeral con programación variada. A cita anual da cultura galega celebra a súa 15ª edición en 2022, do 24 ao 27 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Un lugar de encontro das empresas culturais que favorece e promove a cooperación e o apoio mutuo. Un espazo para poñer en contacto a artistas, creadores e compañías con profesionais da xestión cultural, programadores, empresas e institucións. Os expositores da Culturgal son o corazón e o motor da Feira e hai programación variada para todos os públicos con presentacións de proxectos editoriais, musicais, escénicos e das artes plásticas e audiovisuais.

Acontece no Pazo de Cultura de Pontevedra desde este venres 25 até o domingo 27 ed novembro. A entrada para un día son 4€ (adultos) e 3€ (crianzas)

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario