Actividades ZdZ dixital

Zona da Zanfona é un festival arredor deste instrumento que celebra máis unha vez o seu encontro anual na ría de Arousa. Un evento que esta decimosexta edición inicia unha nova serie de actividades pedagóxicas fóra da comarca e que serán transmitidas de xeito telemático e que se poderán seguir nas ondas do ciberespacio de Internet. Unha palestra e un curso intensivo con dúas figuras de renome internacional sobre aspectos fundamentais arredor da zanfona.
Tobie Miller ofrecerá unha conferencia sobre as cordas e Steve Miller un obradoiro sobre o xeito e técnicas de interpretación moderna de melodías medievais.  Serán en inglés para audiencias non presenciais.

Son actividades de divulgación especializada para unha audiencia internacional emitidas por Internet. O domingo 5 de xullo ás 16h, horario central europeo, terá lugar a palestra sobre cordas históricas e modernas coa canadense Tobie Miller, intérprete especializada en repertorio histórico para zanfona. Ás 18h , unha lección maxistral con Steve Tyler, zanfonista inglés de longa traxectoria artística.

ZdZ dixital. Detalles e inscrición

  • Data: Domingo 5 xullo
  • Master class con Steve Tyler. 18-21h (UTC+2). Curso online (en inglés).
  • Palestra con Tobie Miller.”Cordas para zanfona: das históricas ás modernas” 16-17h (UTC+2). Conferencia online (en inglés).

Inscrición e información xeral:

  • Actividades desenvolvidas en inglés
  • Enderezo para anotarse: info@folque.com
  • Concepto do email: “Steve Tyler master class” ou “Lecture with Tobie Miller”. Tes que escribir un email para cada un dos eventos.
  • Plataforma informática: zoom. Debes ter esta aplicación instalada no teu dispositivo. Recibirás un convite para a sesión
  • Prezo curso con Steve Tyler: 15 €. 3 horas total
  • Prezo palestra con Tobie Miller: gratis. 1 hora total
  • Data límite para anotarse: 1 de xullo

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

One Comment

  1. Pingback: Todos os detalles do XVI Zona da Zanfona – Folque

Deixa un comentario