aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, leva anos interesada na interacción música e baile. Desde os seus comezos como Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín o noso centro integrou aos mellores bailadores do país en palestras e cursos monográficos para que os músicos sentisen a interacción entre o seu instrumento e os seus corpos a danzar. Esta serie de bailes están vencelladas á Escola Livre da MPG e serán os seus mestres os encargados de amenizar e pór música á danza. Cada sesión estarán dirixida un comisario de baile que impartirá un pbradoiro previo adicado ás danzas especiais de cada mes e guiará o Baile Assalto nas danzas propostas polo cadro musical.
O Bailes Assalto son lugares de encontro para danzar coa mellor música ao vivo os bailes europeos e americanos de moda cada segundo venres de mes na Gentalha do Pichel (Santiago DC). A entrada é de 4 € (5 € para quen non sexa alunado da ELMPG ou soci@ da Gentalha)
O Baile Assalto toman o nome dos bailes que se organizaban na zona de Noia e noutros lugares de Galicia na primeira metade do século XX que foron medrando en concurrencia especialmente durante o chuvioso inverno.
As danzas de moda para desfrutar en comunidade: valses, mazurkas, polcas, bourrées, círculos, chotes, an-dro, tangos, chapeloisse,… e por suposto xotas, muiñeiras e pasodobles!
O Baile Assalto comeza puntual ás 19 h cun obradoiro de baile impartido por un profesor especializado. Esta primeira parte dura 90′. Hai un descanso de 1 hora e ás 21.30 h comeza propiamente o Baile e dura por volta de tres horas e media.
A proposta integradora, respetuosa, aberta e festiva dá para partillar co outro/a na proximidade dos cor- pos, algo necesario non só por divertimento mais tamén por saúde. Nas sociedades nas que vivimos a deshumanización e a vertixe do reloxo prívanos por veces destes praceres tan primarios coma ne- cesarios. Esta é pois unha proposta para nenos e adultos, novos e vellos, bailadores experimentados e aprendices. Alegría en movemento!
CALENDARIO DE BAILE ASSALTOS
[events_list category=”46″ scope=all]