Reservas entradas Cantos de Nadal no Camiño Portugués

Programa:

Decembro 2020

  • Sábado 26. 17.30 horas. Igrexa de Santa Liberata, Baiona
  • Domingo 27. 17.30 horas. Igrexa parroquial do Mosteiro de Sta. Mª. Oia
  • Luns 28. 18 horas. Igrexa de Sta María de Sta. María de Godos. Caldas de Reis. Última actualización: Reservas online esgotadas para este día. Haberá billetes dispoñíbeis 30′ antes do concerto até completar o aforo.
  • Martes 29. 18 horas. Igrexa de Santiago. Padrón. Billetes disponíbeis na entrada 30′ antes do concerto
  • Mércores 30. 19 horas. Igrexa de San Xoán de Ortoño. Ames. Última actualización: Reservas online esgotadas para este día. Haberá billetes dispoñíbeis 30′ antes do concerto até completar o aforo.

_

CONDICIÓNS

  • O prazo de inscrición abre o día 21 de decembro ás 10 horas da mañá. Reservas feitas antes dese tempo, non serán contabilizadas.
  • Recibirás un correo persoal (non automático, non inmediato) coa confirmación; debes mirar na pasta do “spam” por se non te chega á pasta principal do teu correo electrónico.
  • Máximo 2 entradas por reserva.
  • Haberá unhas poucas entradas dispoñíbeis antes de cada concerto (billetes sen reserva online)
  • As actividades son de balde con aforo limitado e controlado nas normas de distancia e hixiene aplicábeis no momento de celebración do concerto. Para saber das actualizacións do estado de cada concello, restriccións e protocolo aplicado, consulta na páxina oficial da Xunta sobre o coronavirus. A cabida dos espazos escénicos está limitada ao que recolle a Orde da Consellería de Sanidade do 3 de decembro do 2020 ou actualizacións posteriores a partir desta.
  • Será obrigatorio o uso de máscara en todo momento, hixienización de mans e distancia de seguridade.
  • Se logo de apuntáreste, non asistes, pregamos que nolo comuniques ao correo que recibas.
  • As portas de cada espazo abriránse ao público 30 minutos antes do concerto.
  • Perderás o dereito de reserva da entrada 10 minutos antes do concerto. A partir dese momento, persoas en lista de agarda online ou presencial poderán ocupar a túa praza.
  • A reserva de billetes pecharase 3 horas antes de cada concerto.
  • Consultas sobre os billetes: reservas@folque.com

Formulario de reservas

 

 

Recibirás un correo persoal (non automático, non inmediato) coa confirmación; debes mirar na pasta do “spam” por se non te chega á pasta principal do teu correo electrónico.

 

Os dados enviados serán tratados confidencialmente segundo as normas da Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro sobre a Protección de Dados Persoais e garantía dos dereitos dixitais.

 

 

 

 

Comments are closed