Estación de Jazz

Estación de Jazz, a Coruña 2019 é un ciclo de catro concertos especiais no Teatro Colón ás 20.30 h, sempre en xoves nos meses desde febreiro a maio con artistas galegos en proxectos especiais, grandes nomes na escena actual e interesante do jazz feito no país. O prezo das entradas son 12 € (10 € anticipada).

Esta Estación de Jazz da Coruña, a cabalo entre o inverno e a primavera, trae ao carismático Teatro Colón algunhas das máis destacadas propostas xeradas na trepidante e prestixiosa escena galega do Jazz.

Nesta particular Estación poderemos mergullarnos na nova posta en escena de Sumrrá, presentando o seu novo disco coas vidocreacións de Laura Iturralde.

Tamén darán a coñecer as súas novidades discográficas dous dos nomes máis sólidos da escena ibérica, Pablo Sanmamed Trio (16/04) e o Pablo Castaño Quartet (A-la-láa), acompañado pola cantora Ugia Pedreira.

O concerto especial de apertura corre a cargo de Naima Acuña Project. Nel poderemos escoitar as novas composicións da prestixiosa baterista local coa participación do artista francés residente en NY, Simon Moullier.

VENDA DE ENTRADAS

Despacho central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Colón: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

PROGRAMA

Todos os concertos son no Teatro Colón ás 20:30h

Data/hora Evento
28/02/2019
20:30
Naima Acuña Project
Teatro Colon, Coruña
28/03/2019
20:30
Pablo Sanmamed Trio
Teatro Colon, Coruña
18/04/2019
20:30
Pablo Castaño Quartet
Teatro Colon, Coruña
23/05/2019
20:30
Sumrrá
Teatro Colon, Coruña

 

 

Comments are closed