Rede Músicas Soltas Redondela

A Rede de Música Soltas de Redondela son concertos de presentación dos proxectos en activo da música popular feita en Galicia por músicos galegos ou moradores deste país. Así temos os novos discos de CaxadeFran Pérez “Narf” e Radio Cos, actuacións especiais coma a de Kepa Junquera con Xabier Díaz, a inminente estrea de Jazzología ou as cancións inéditas en “Acrobata” de Fred Martins e Ugia Pedreira. Pequenos formatos para o acolledor espazo do Auditorio da Xunqueira, no corazón gañado ao mar da vila da ría de Vigo.

RMSRedondelaNon todo o que cae na rede é peixe, e nesta rede só cae música de autora, de autor, de raíz, música popular traballada, de todos os POPs, de todos os pobos, música viva, que respire, que se mova, que nos faga vivir e movernos…

A Rede de Músicas Soltas trae peixe fresco de tempada de primavera e outono, aires cálidos en tempadas de mudanza estacional.A RMS é un ciclo de concertos promovido polo Concello de Redondela e organizado por aentral Folque, Centro Galego de Música Popular, para músicas en pequeno formato ao redor da música popular e os seus universos.

Os concertos son sempre un sábado ao mes ás 21 h no Auditorio da Xunqueira de Redondela.

A venda de entradas realizarase na porta do Auditorio 30 min. antes de cada concerto a 4 €.


 

PROGRAMA DE CONCERTOS

Data/hora Evento
11/01/2014
21:00
RMS: Acrobata
Auditorio da Xunqueira, Redondela
15/02/2014
21:00
RMS: Radio Cos
Auditorio da Xunqueira, Redondela
15/03/2014
21:00 - 22:00
RMS: Caxade
Auditorio da Xunqueira, Redondela
12/04/2014
21:00 - 22:30
RMS: Jazzologia
Auditorio da Xunqueira, Redondela
17/05/2014
21:00 - 22:30
RMS: Najla Shami
Auditorio da Xunqueira, Redondela
14/06/2014
21:00 - 22:30
RMS: Kepa Junkera
Auditorio da Xunqueira, Redondela

Comments are closed