Rede de Músicas Soltas Redondela’16

Cartaz_RMS16_smMáis un ano o Concello de Redondela acolle unha nova edición da Rede de Músicas Soltas. Por terceiro ano, a mellor música tradicional contemporánea que se pode ver en Galicia dun xeito próximo, íntimo e regular bota as redes nun caladeiro fecundo coma a vila do fondo da ría de Vigo. Unha cita mensual coas mellores músicas populares galegas e peninsulares nun programa para presentar os traballos de artistas en activo no acolledor espazo do Auditorio da Xunqueira, no corazón da vila dos viaductos.

A Rede de Música Soltas de Redondela 2016 son concertos de presentación dos proxectos da música popular feita en Galicia por músicos galegos ou moradores deste país que para esta edición abre o seu ámbito xeográfico e combida a outros artistas da Península a tocar para o público local. A Rede de Músicas Soltas de Redondela son concertos de presentación de discos actuais da música popular galega, e de artistas de fóra de Galiza que virán tocar para o público local. Así teremos os novos discos dos artistas galegos Puntada sen fio (A lúa prendeu a luz), Davide Salvado (Lobos), Lagharteiras (Lagharteiras) e de Javier Marcos Quinteto (Ten Dez); así coma os artistas internacionais Toques do Caramulo (Portugal) ou Coladera (Brasil).

A música popular contemporánea, traballada, de todos os POPs, de todos os pobos, música viva, que respire, que se mova, que nos faga vivir, sentir e movernos…

A Rede de Músicas Soltas (RMS) trae peixe fresco de tempada de inverno e primavera. A RMS é un ciclo de concertos promovido polo Concello de Redondela e organizado por aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Concertos próximos ao redor da música popular, dos músicos con voz propia, e sos seus universos.

Coma vén sendo habitual, o cartaz do ciclo está deseñado polo artista local redondelán, Pablo Giraldez, O Pastor.

Músicas para desfrutar de corrido: 6 propostas para 6 meses en tempada de inverno e primavera.
Músicas e músicos nacionais e internacionais presentado os seus últimos discos.
Formatos íntimos, próximos ao público

Info práctica

  •  Calendario: Terceiro sábado de mes (agás maio) de xaneiro a xuño.
  • Hora: 21 h
  • Lugar: Auditorio da Xunqueira de Redondela.
  • Billetes: 5 €
  • -Descontos: nen@s até os 10 anos, gratis. Moz@s até os 25 anos e persoas en situación de desemprego: 2 €
  • Venda de entradas: Auditorio da Xunqueira 30 min. antes de cada concerto. Reserva no mesmo lugar, ou no teléfono 986 40 28 65, desde o xoves da semana de cada concerto.
  • Alén dos concertos, haberá actividades (cursos e charlas) cos artistas na súa visita a Redondela. Máis información e inscricións aos cursos regularmente en info@folque.com

Descarga o programa de man aquí: Folleto_RMS_web

Programa de concertos

Data/hora Evento
16/01/2016
21:00
Davide Salvado na RMS
Auditorio da Xunqueira, Redondela
20/02/2016
21:00
Coladera na RMS
Auditorio da Xunqueira, Redondela
19/03/2016
21:00
Lagharteiras na RMS
Auditorio da Xunqueira, Redondela
16/04/2016
21:00
Toques do Caramulo na RMS
Auditorio da Xunqueira, Redondela
14/05/2016
21:00
Puntada sen fío na RMS
Auditorio da Xunqueira, Redondela
18/06/2016
21:00
Javier Marcos na RMS
Auditorio da Xunqueira, Redondela

Comments are closed