Zona da Zanfona. X Encontro Internacional

Zona da Zanfona, o festival internacional organizado por aCentral Folque cumple 10 anos consolidado como un referente internacional no seu ámbito. Na súa programación inclúense ofertas variadas e complementarias que van desde o público de veciñas e veciños de Rianxo e a comarca de Arousa principalmente as crianzas, até o público xeneralista ou especializado no instrumento.

ZonaZanfona_2014Sesións didácticas nas escolas do concello, divulgación do instrumento por medio da publicación de vídeos 10º aniversario, cursos para especialistas de interpretación e composiciónconcertos de destacados artistas galegos e internacionais, sesións para o baile: Serán infantil e Baile Assalto ZdZ,exposición antolóxica cos obxetos e os cartaces das 10 edicións “Trebellos con manivela” ademais da promoción da nova xeración de luthieres galegos conforman a programación da Zona da Zanfona para este ano en Rianxo.

Logo de dez anos, os Encontros Internacionais coa Zanfona seguen a estender os límites conceptuais deste “ sintetizador medieval ” a territorios compartidos por estéticas posmodernas (drone, acusmática, secuenciación computacional, reducionismo, intervención sonora, improvisación, performance, o loop,…) que conviven coa música popular e universal, coa música coma razón social e encontro humano na percepción abstracta da paisaxe acústica dos nosos días.

Son significativas todas as figuras de renome internacional que teñen pasado por este encontro situando a Galicia no epicentro mundial do instrumento e que marca un presente magnífico para un porvir donde a memoria do instrumento vai gañando cada vez máis espazo desde o rexurdir dos anos 70. É nesta memoria que aCentral Folque é plataforma activa que aposta e pon e conexión a profesionais, alumnos, luthiers conseguindo desde o 2000 unha renovación esencial .

Zona da Zanfona ten acubillado os máis sobresaíntes creadores da novas tendencias para o instrumento: Valentín Clastrier, Matthias Loibner, Gilles Chabenat, Gregory Jolivet, Marc Egea, Isabelle Pignol, Óscar Fernández, Anxo Pintos, Adrià Grandia, … ou os luthieres e investigadores Jaime Rebollo, Xulio Gª Bilbao, Luciano Pérez, Pablo Cid, César Loureiro…

Consolidado en Rianxo, ubicación de excepción para a cultura do país está a vangarda na programación musical para a zanfona, instrumento carismático que segue a sorprender e dando que falar logo de mil anos de Historia.

Por vez primeira no Encontro, este ano hai dous cursos para músicos. O xa consolidado curso para intérpretes -este ano impartido por Germán Díaz e un novo de composición orientado a especialistas non familiarizados coa zanfona pero si coa composición académica que queiran achegarse ás posibilidades técnicas e de de expresión que ofrece así coma a súa extensión musical, seu xeito de escritura, etc.este curso “A sanfona na composiçom” está impartido por Paulo González

PROGRAMA DE ACTVIDADES

Data/hora Evento
04/04/2014
11:00 - 13:30
Sesión escolar ZdZ
Auditorio de Rianxo, Rianxo
04/04/2014
21:00 - 22:30
Le voyage + Ulobit
Auditorio de Rianxo, Rianxo
05/04/2014
10:30 - 20:00
Curso composición
Auditorio de Rianxo, Rianxo
05/04/2014
10:30 - 20:00
Curso interpretación
Auditorio de Rianxo, Rianxo
05/04/2014
18:00 - 20:00
Serán Infantil
Liceo Marítimo Rianxeiro, Rianxo Galiza
05/04/2014
21:00 - 23:59
Baile Assalto ZdZ
Centro Cultural Simón Varela, Asados, Rianxo Galiza
06/04/2014
00:15 - 00:30
Lotaría 1 zanfona de 10!
Centro Cultural Simón Varela, Asados, Rianxo Galiza

Comments are closed