Zona da Zanfona, o festival internacional de zanfona organizado por aCentral Folque chega a súa XII edición e estrea novo calendario buscando os cálidos e longos días de verán para animar as rúas de Rianxo e ofrecer o punto de encontro e espazo de intercambio musical para as zanfonistas do país.
Na súa programación inclúense ofertas variadas e complementarias que van desde o público de veciñas e veciños de Rianxo e a comarca de Arousa e de Barbanza até o máis especializado sobre o instrumento de toda Galicia.
Animación de rúa, concertos , baile, xuntanza das escolas galegas e cursos para inciados e experimentados tocadores conforman un programa ambicioso e variado para todos os públicos. Referentes no instrumento en Galiza coma os consagrados Anxo Pintos e Óscar Fernández, verdadeiros pedagogos das novas xeracións de tocadores no país mais tamén os novos talentos de Obal (Iván Costa ou Jaime Rebollo) ou a versión máis cantabile co dúo Sobre Rodas (Luís O Caruncho e Carlos do Viso) conforman unha visión rica e variada da boa saúde coa que este instrumento tan carismático goza na Galiza.
Logo de once anos, os Encontros Internacionais coa Zanfona seguen a estender os límites conceptuais deste “sintetizador medieval” e conviven a través do instrumento en diferentes estilos da nosa música popular. Son significativas todas as figuras de renome internacional que teñen pasado por este encontro situando a Galicia no epicentro mundial do instrumento e que marca un presente magnífico para un porvir donde a memoria do instrumento vai gañando cada vez máis espazo desde o rexurdir dos anos 70. aCentral Folque é plataforma activa que aposta e pon e conexión a profesionais, alumnado e luthiers conseguindo desde o 2000 unha renovación esencial para o instrumento.
Zona da Zanfona ten acubillado os máis sobresaíntes creadores da novas tendencias para o instrumento: Valentín Clastrier, Gilles Chabenat, Gregory Jolivet, Marc Egea, Isabelle Pignol, Tobie Miller , Adrià Grandia, Germán Díaz … ou os luthieres e investigadores Jaime Rebollo, Xulio Gª Bilbao, Luciano Pérez, Pablo Cid, César Loureiro,…
Consolidado en Rianxo, ubicación de excepción para a cultura do país está a vangarda na programación musical para a zanfona, instrumento carismático que segue a sorprender e dando que falar logo de mil anos de Historia.
Zona da Zanfona. 12 Encontro Internacional. Rianxo. 27-30 xullo 2016
PROGRAMA
Mércores 27 xullo. Mercadiño Praza Castelao. 12 h
- Dúo Sobre Rodas. Concerto ambulante.
Venres 29 xullo. Praza Rafael Dieste. 21.30h
- Os Cempés. Baile 100%. Con obradoiro previo de iniciación
Sábado 30 xullo. Praza Rafael Dieste. 22.30h
- Anxo Pintos + Obal. Concerto e baile
Domingo 31 xullo. Praza Rafael Dieste. 12 h
- Palco aberto. Xuntanza de escolas de zanfona de Galiza
*Todas as actividades son de balde
Cursos de zanfona. Biblioteca Municipal de Rianxo
Óscar Fernández. Curso iniciación. 5 €. Venres 29. 16-20h
Anxo Pintos. Curso perfeccionamento. 30 €. Sábado 30. 10-14h e 16h – 19h
Exposición
“Zanfonistas de Castelao”, durante os días do encontro na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo. Comisionada polo Fondo Musical de Rianxo
Info para os cursos de zanfona:
Inscrición e info xeral:
- Correo electrónico: info@folque.com
- Teléfono: +34 698 144 852
Enviar e-mail cos seguintes datos:- Nome e apelidos / Correo electrónico- Nº de teléfono / Xustificante de ingreso en conta
Detalles bancarios:
Abanca 2080-0342-60-3040009110
Asociación do Conservatorio de Música Trad. e Folque
*indicar no pagamento o nome da persoa que asiste ao curso e o concepto “aportación”
CURSOS:
Iniciación con Óscar Fernández. Non é preciso instrumento, a organización facilitará un.
Venres 29 xullo: de 16 a 20 h no Auditorio de Rianxo
Prezo Curso: 5 €
Curso: prazas limitadas (9)
Perfeccionamento con Anxo Pintos
Sábado 30 xullo: de 10 a 14 e de 16 a 20 h
Prezo Curso: 30 €
Curso: prazas limitadas (20)
Créditos:
Organiza aCentral Folque I Promove Concello de Rianxo e Deputacion da Coruña I Colabora Padroado de Cultura de Narón
PROGRAMA DETALLADO
Data/hora | Evento |
---|---|
27/07/2016 12:00 |
Concerto ambulante ZdZ
Mercadiño semanal, Rianxo |
27/07/2016 20:00 |
Lanzamento disco CCGP
Biblioteca de Rianxo, Rianxo |
29/07/2016 16:00 |
Curso iniciación ZdZ
Auditorio de Rianxo, Rianxo |
29/07/2016 21:30 |
Concertos ZdZ
Praza Rafael Dieste, Rianxo |
30/07/2016 19:00 |
Curso perfeccionamento ZdZ
Biblioteca de Rianxo, Rianxo |
31/07/2016 14:00 |
Expo ZdZ
Biblioteca de Rianxo, Rianxo |