Zona da Zanfona. XV Encontro Internacional

  • Zona da Zanfona, Encontro Internacional. XV edición
  • Lugar: Rianxo
  • Data: 3, 5, 6 e 7 xullo 2019

Zona da Zanfona é un evento único na Península Ibérica, un festival temático sobre o instrumento que celebra máis unha vez o seu encontro anual na ría de Arousa. Organizado por aCentral Folque e promovido desde o Concello de Rianxo cumple 15 anos neste 2019. Acontece na primeira semana do mes de xullo co miolo da programación entre o venres 5 e o domingo día 7 cun programa para todos os públicos, aquelas persoas curiosas no instrumento que queren achegarse a el ou que o descoñecen, músicos especialistas e público en xeral que buscan o solaz na escoita deste fabuloso instrumento. aCentral Folque leva vinte anos divulgando os seus sons e este encontro é a data sinalada no calendario anual. O ZdZ ofrece na vila mariñeira e literaria de Rianxo unha desculpa para vir e desfrutar de concertos, cursos e convivio arredor da zanfona.

Os concertos deste ano presentan discos de músicos que xa teñen pasado polo festival en anos anteriores: Germán Díaz e Benxamín Otero coas “13 cancións bonitas” o venres 5 de xullo e Obal con “Baile en Massó” o sábado 6 de xullo. Para abrir os ouvidos, haberá entremés “O conto da zanfona” con María e Manuela adaptación da fabulosa historia da cega Rosa María do Val, Os concertos celebraranse na praza Rafael Dieste con entrada libre e partir das 22.30 h.

O domingo 7 de xullo pola mañán quere ser máis un ano, o escaparate da vitalidade da zanfona en Galicia cun convite a todas as escolas do país para o Palco ZdZ, un xantar e unha foliada.

Como petisco e apertura do festival, repetítese a animación do mercadiño semanal de Rianxo dos mércores co concerto ambulante e presentación aos medios a cargo de Alba María e Ariel Ninas.

Os cursos desta edición para zanfona están impartidos por Óscar Fernández na iniciación e Paulo P., no nivel avanzado. Hai tamén un curso de danzas galegas e europeas, como preludio para o baile do sábado, a cargo de Mercedes Prieto.

O ZdZ continua tamén coa divulgación de repertorio zanfoneiro coa segunda entrega do Cancioneiro #ZdZ, publicación de acceso gratuíto e descarga libre que pretende ser unha escolma de cancións coas aportacións dos docentes de escolas de zanfona de Galicia para ter un repertorio común de cancións populares e simples para todos os niveis. Podes descargar o primeiro destes cancioneiros aquí

::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

XV ZONA DA ZANFONA. RIANXO 2019. Programa

Mércores 3 xullo.

Concerto Ambulante Mercadiño Praza Castelao. 12 h

  • Ariel Ninas & Alba María. Animación de rúa durante a celebración do mercado semanal de Rianxo o mércores na praza Castelao, presentación do ZdZ con concerto entre os postos do mercadiño.

Venres 5 xullo.

Concerto ZdZ Praza Rafael Dieste. 22.30 h

  • Germán Díaz e Benxamín Otero: “13 cancións bonitas” + María e Manuela: “O conto da zanfona”

Curso Zanfona (iniciación) Auditorio de Rianxo. 16 – 20 h. con Óscar Fernández *(non é preciso instrumento propio!)

Sábado 6 xullo

Baile Assalto ZdZ. Praza Rafael Dieste. 22.30

  • Obal: “Baile en Massó”. Música ao vivo para baile popular.

Cursos ZdZ. Auditorio de Rianxo.

  • Curso zanfona (avanzado) con Paulo P (10 h-19 h). Curso baile con Mercedes Prieto (16.30-20.30 h)

Domingo 7 xullo

Palco ZdZ: Xuntanza de zanfonas. Praza Rafael Dieste. 12 h.

  • 14.30 h Xantar ZdZ + 17 h Foliada ZdZ.

::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

Info para os cursos:

Inscrición e info xeral:

  • Correo electrónico: info@folque.com
  • Teléfono: +34 698 144 852
  • Prezos: zanfona iniciación: 15€; zanfona avanzado: 30€ (ouvintes 20 €); baile: 15 €.

*IMPORTANTE: Prazas limitadas. Confirma antes do pagamento que hai prazas, esta información actualizarase no evento correspondente:

Enviar e-mail cos seguintes datos:- Nome e apelidos / correo electrónico- núemro de teléfono

Detalles bancarios: Abanca ES81 2080-0342-60-3040009110 . Asociación do Conservatorio de Música Trad. e Folque *indicar no pagamento o nome da persoa que asiste ao curso e o concepto “aportación”.

::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

XV ZONA DA ZANFONA. RIANXO 2019. actividades en detalle

Data/hora Evento
03/07/2019
12:00
Concerto ambulante ZdZ
Mercadiño semanal, Rianxo
05/07/2019
16:00
Curso ZdZ: iniciación
Auditorio de Rianxo, Rianxo
05/07/2019
22:30
Concerto ZdZ
Praza Rafael Dieste, Rianxo
06/07/2019
10:00
Curso ZdZ: avanzado
Auditorio de Rianxo, Rianxo
06/07/2019
16:30
Curso ZdZ: Baile
Auditorio de Rianxo, Rianxo
06/07/2019
22:30
Baile Assalto ZdZ
Praza Rafael Dieste, Rianxo
07/07/2019
12:00
Palco aberto ZdZ
Praza Rafael Dieste, Rianxo

Comments are closed