Vigo acolle a presentación do disco da nova voz da música galega. Alba María, a artista viguesa que está revolucionando as composicións en galego, presenta no Auditorio do Concello de Vigo o seu primeiro e premiado disco “Aínda”. Será este venres 13 ás 21h. E contará co seu cuarteto habitual con convidados. Alba María gañou en 2014, con só 19 anos, o I Certame de Música de Autora en Galego do Concello de Teo.
O premio foi a gravación do seu primeiro disco, Aínda, cunhas letras e unhas melodías que sorprenden e seducen a quen as escoita. Compositora, regueifeira, cantora, performer… o disco, editado por aCentral Folque, presentouse a finais de 2014 e, desde entón, Alba María está de xira dentro e fóra de Galicia.
Para os concertos ao vivo Alba María conta cunha banda de excepción: ademais da súa voz, acompáñana no palco o veterano músico de jazz, o tamén vigués Felipe Villar (á guitarra), o compositor e arranxista cubano, produtor musical do disco, José Manuel Díaz (ao contrabaixo) e Carlos Freire (á batería). Un cuarteto de luxo que ofrece un directo contundente acompañando a saiba máis nova da música galega actual.
De Alba María di Ugia Pedreira (cantante de Marful): “Fiandeira fina, paixonal, exuberante, audaz, sutil, comprometida sem evidencias e com prodigioso talento natural para fazer coplas e canzons, apressenta-se na música do pais conscente de que a sua arte dirige-se á aceptazom própria como primogénito início. Ao meu entender, nom hà maior nivel de honestidade na incursom artística”.
Pode smercar as entradas aquí
Pingback: Vídeo do concerto de Alba María | Folque