Alba María, finalista Premios Opinión

fotoAlbaBN_webA XV gala dos Premios Opinión Música de Raíz, galardóns que o diario coruñés La Opinión organiza cada ano liderados polo seu xornalista Óscar Losada celebrarán a súa festa este xoves 12 maio no teatro Rosalía de Castro a partir das 20.30 h. Entre catro nomes que levan dez das doce candidaturas, só dúas senlleiras acadan entrar na grella de finalistas. Destacamos unha delas desde aCentral Folque: a elección da “Habaneira de Berlín” de Alba María como  mellor canción orixinal do seu disco “Aínda”.

Estes son todos os finalistas da XV edición dos Premios Opinión.

A velada contará coa entrega dos premios e coa actuación de Axada e Aiboria, dous ensembles dirixidos por Pedor Lamas e Xosé Lois Romero respectivamente.


About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario