Alejandro Vargas trio na RMS Redondela

RMSCartazVargasVolta a Rede de Músicas Soltas ao calendario mensal co quinto concerto do ciclo. Desta volta coa oportunidade dun concerto único do grande mestre cubano Alejandro Vargas que interpretará ao piano acompañado de dous grandes músicos, o galego Carlos Freire á batería e o tamén cubano José Manuel Díaz ao contrabaixo.

O concerto terá lugar no Auditorio da Xunqueira ás 21 h cun prezo único de 4 €.

Despois de Chucho Valdés, Vargas está considerado en Cuba como o renovador do jazz con raíz cubana. Graduado no Instituto Superior de Arte da Habana cunha tese sobre o órgano oriental, o ritmo máis tradicional da música do oriente de Cuba e, en concrrto da cidade de Holguín na que naceu, Vargas é un reputado mestre de jazz. Co seu grupo acadou en tres ocasións o maior premio de Cuba no ámbito do jazz. Con esa formación viaxou por América Latina, onde deu concertos nos maiores festivais do Brasil, Ecuador… e Europa, onde tocou en Francia, Suíza, Noruega…

Vive en Galiza desde 2009, tras formar parte do proxecto cubano-galego Descarga ao vivo. Aquí ten composto, arranxado e participado en diversos proxectos musicais entre o que destaca as Miniaturas Musicais de Granell, Premio Especial Cubadisco en 2013.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario