Análise Musical con Sergio de la Ossa. Curso presencial 2022

Sergio de la Ossa, mestre da Escola Folque e colaborador habitual nas publicacións editorial da colección Chave Mestra como investigador, musicólogo e asesor, vai impartir un curso regular presencial de 4 meses no Auditorio de Galicia en Santiago para a Escola de Música d’aCentral Folque sobre a Análise Musical de Cancións Tradicionais. As aulas serán de febreiro a fins de maio. Tomaranse todas as medidas hixiénicas e de distanciamento para garantir o funcionamento e cumprimento das normas sanitarias correspondentes.

Aprenderás escoitando gravacións orixinais, cantando desde partitura e aplicando os coñecementos paso a paso, de xeito progresivo e práctico. Este ano o curso terá 13 sesións de 4 horas cada unha (52 horas totais). Nel poderás preparar a proba de análise das oposicións a mestres de música.

Detalles:

  • Lugar: Sala Circular do Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela
  • Datas: do 5 de febreiro até o 21 de maio de 2022 (CalendarioAnalise_2022)
  • Horario: sábados de 10 a 14 h. 52 horas totais
  • Prezo: 300€
  • Inscripción e info de matrícula: pica aquí. Tes que enviar o formulario de preinscrición; recibirás un correo coas instrucción de matrícula.
  • + info: matricula@folque.com

Sobre as Aulas de Análise Musical

Se che interesa… coñecer os xéneros vocais da música de Galicia; saber por que os versos dunha muiñeira nova teñen cada un distinto número de sílabas, ou distintos ritmos malia ter o mesmo número de sílabas; aprender a resumir a estrutura rítmica dunha cantiga, diferenciando entre variantes rítmicas esenciais e interpretativas; en definitiva, se che interesa saber como están feitas as cancións tradicionais, a través do estudo dos elementos que as conforman, o próximo mes de febreiro comeza n’aCentral Folque un novo curso continuo de análise.

Como traballamos a análise? Podes ver parte do método aquí ou en A Basic Guide to Folksong Analysis, publicada online no KodályHub (+ info sobre ela nesta entrada). As actividades adaptaranse ao espazo web, onde procuraremos manter o traballo cooperativo e de descubrimento, habitual nas aulas presenciais.

Contidos do curso

  • Sesión I: Métrica poética, versificación
  • Sesión II: Compás
  • Sesión III: Ritmo (II)
  • Sesión IV: Ritmo (III)
  • Sesión V: Notas empregadas, ámbito, escala
  • Sesión VI: Escala (II)
  • Sesión VII: Escala (III)
  • Sesión VIII: Cadencias, perfil melódico, forma
  • Sesión IX: Forma da música (II)
  • Sesión X: Xéneros (I)
  • Sesión XI: Xéneros (II)
  • Sesión XII: Formas estróficas
  • Sesión XIII: Ejercicios prácticos

Podes ter información extendida e calendario certo aquí: Analise_Sesions_22

Breve biografía de Sergio de la Ossa

Sergio de la Ossa (Madrid, 1978) é etnomusicólogo, mestre especialista en pedagoxía musical Kodály e guitarrista.

Entre 2007 e 2018 estivo a cargo do arquivo de música tradicional do Museo do Pobo Galego (http://apoi.museodopobo.gal,) e foi mestre de música tradicional no Instituto Kodály da Academia Liszt (Kecskemét, 2011-2015; 2020).

Mestre de Teoría e Análise en aCentral Folque, imparte regularmente cursos e conferencias sobre música tradicional e didáctica da música. Participou como ponente no WOMEX 2014 e na conferencia celebrada en homenaxe a Zoltán Kodály no Instituto de Musicoloxía da Academia de Ciencias Húngara en 2017 (Budapest).

Como autor, asina A Basic Guide to Folksong Analysis (Budapest: Liszt Academy of Music, 2019) e colabora en publicacións como Romanceiro tradicional. Breve antologia das recolhas do Seminario Menéndez Pidal na Galiza (1977-1983) (aCentral Folque, 2019; con J.L. Forneiro) ou Gustav Henningsen. Gravacións musicais en Galiza 1964-1968 (aCF, 2017; con Xavier Groba), entre outros títulos.

Mantén o blogue sobre música tradicional www.analisemusical.wordpress.com., visita indispensábel para todas as persoas que queiran coñecer máis e mellor o patrimonio musical de tradición oral.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario