Ariel Ninas: mestre de harmónica da ELMPG

ArielNinasA Escola Livre da MPG abre unha nova especialidade, única en Galicia dentro de unha escola e única enfocada cara o repertorio de música tradicional galega. A harmónica (tamén coñecida coma filharmónica popularmente) é un deses instrumentos tan presentes coma desapercibidos que ten amenizado tantas reunións familiares e festas  desde que chegou a finais do século XIX. Instrumento á súa vez cheo de expresividade e posibilidades descoñecidas que deu intérpretes virtuosos e destacados solistas ao longo da historia.

Para esta aula, Ariel Ninas ofrece traballar sobre música popular na harmónica cunha aprendizaxe de técnica do instrumento: respiración, fraseo, ornamentación, vibrato, tremolo, bending, tongue stop, wah-wah, octavador, harmonía e acompañamento, etc…  en base á harmónica diatónica. Interpretación de melodías de repertorio popular galego adaptado e arranxos para grupo, nocións básicas de blues e desenvolvemento de improvisación sobre a súa estructura harmónica de doce compases, posicións (1ª a 6ª) e modos, hármonica cromática, etc. O curso está plantexado para adquirir a destreza técnica suficiente en dous anos de aprendizaxe (segundo o caso) e adaptala ao estilo e preferencia musical de cada estudante: folk, taberna, blues, rock, tango,…

Breve bio

Ariel Ninas  é un músico polifacético asociado ao proxecto Folque desde 2006 como aluno de sanfona, e é aquí onde desenvolve a súa atividade profissional regular en comunicación e produción musical. A harmónica é o seu primeiro instrumento, que toca desde os 14 anos e tivo em Marcos Coll (Reyes el K.O.) o seu mestre. A súa harmónica pódese escoitar nos discos de Inflatable Buddha e Alba María ou na BSO de Baleadas da Cía. Traspediante. Desenvolve desde o 2011 esa idea musical que denomina coma Músicas Para Peto das que leva impartindo aulas desde entón na Gentalha do Pichel, de instrumentos miúdos comas as tarrañolas, trompa de boca, cunchas, etc. Como sanfonista, é membro da OMEGA (Orquestra de Música Espontánea da Galiza) e Ulobit (multimedia experimental).


About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario