Baixo o nome de Efecto Proximidade, aCentral Folque organiza unha serie de actividades promovidas polo Concello de Santiago de Compostela para dinamizar unha das feiras regulares máis coñecidas da cidade: o mercadiño de Salgueiriños. O vindeiro día de Noiteboa, o xoves 24 de decembro pola mañá coincidindo coa celebración semanal do mercado.
Durante a mañá, suceranse actividades artísticas para lecer dos asistentes habituais e especiais que se queiran achegar aos mercado: regueifa, chocolatada e un concerto de flamenco son os contidos para este día.
Esta é a programación en detalle:
11.30 h Sesión de regueifa con Luís Caruncho e Alba María.
12.30 h Chocolatada popular de balde nos cafés da zona (Rúa Melide) Vox Populi e A taberna do Moncho.
13 h Concerto “Flamenco impuro” de Marcos Teira e os Flamencos do Milladoiro con Marcos Teira á guitarra, Iria Peña ao cante, Moisés Fernández á percusión e Isaias Monteiro ao baile.
En caso de choiva, as actividades celebraranse baixo unha carpa instalada entre os postos do Mercado