Arte para o mercado de Salgueiriños

efectoproximidadeBaixo o nome de Efecto Proximidade,  aCentral Folque organiza unha serie de actividades promovidas polo Concello de Santiago de Compostela para dinamizar unha das feiras regulares máis coñecidas da cidade: o mercadiño de Salgueiriños. O vindeiro día de Noiteboa, o xoves 24 de decembro pola mañá coincidindo coa celebración semanal do mercado.

Durante a mañá, suceranse actividades artísticas para lecer dos asistentes habituais e especiais que se queiran achegar aos mercado: regueifa, chocolatada e un concerto de flamenco son os contidos para este día.

Esta é a programación en detalle:

11.30 h Sesión de regueifa con Luís Caruncho e Alba María.

12.30 h Chocolatada popular de balde nos cafés da zona (Rúa Melide) Vox Populi e A taberna do Moncho.

13 h Concerto “Flamenco impuro” de Marcos Teira e os Flamencos do Milladoiro con Marcos Teira á guitarra, Iria Peña ao cante, Moisés Fernández á percusión e Isaias Monteiro ao baile.

En caso de choiva, as actividades celebraranse baixo unha carpa instalada entre os postos do Mercado

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario