O 6 de abril comeza un curso de dous meses con Quique Peón para completar a oferta pedagóxica da aula de canto na Escola Livre da MPG. Durante abril e maio, impartirá aulas colectivas sobre o repertorio xeral de cantos tradicionais galegos e toques básicos con percusión de mao, nomeadamente pandeireta.
As aulas teñen un número limitado de prazas por grupo.
O horario é de 20.30 a 22 os luns de abril e maio.
O espazo é o CSC da Trisca (Rúa das Fraguas, bairro de San Pedro, Compostela)
Do prezo das oito sesións é de 15 €.
Se estás interesad@, escrebe un mail a matricula@folque.com ou chama ao tlf +34 698 144 852
CALENDARIO
- Maio 4, 11, 18, 25
Breve BIO de Quique Peón
A prolífica traxectoria de Henrique Peón fan del unhas das figuras máis relevantes na danza e canto tradicional galegos. A súa actividade profesional céntrase na investigación etnográfica cun extenso traballo de campo con centos de melodías e danzas que recuperou. Profesor de baile e música tradicional galega, en destacadas agrupacións do país como o Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina. Na actualidade, Quique Peón compaxina a súa faceta de investigador, intérprete e docente no ámbito tradicional coas súas inquietudes interpretativas e as novas experiencias na danza contemporánea e no folque. No 2014 presentou a versión discográfica en clave contemporánea de Radio Cos, un proxecto en dupla con Xurxo Fernández que presentou en formación de quinteto este ano.