Aula de gaita con Paulo p.

bioPauloPA especialidade de gaita estrea novo mestre con aulas individuais para a formación continua da Escola de Música Popular e Avanzada. Paulo Gonçalves (a.k.a. Paulo p.) será o responsável dunha nova orientación para este instrumento tan simbólico da múica patrimonial galega.

Paulo p. é un dos músicos máis importantes do país que leva desenvolvido unha nova vía para o entendemento e a práctica instrumental da cornamusa. Moi interesado no repertorio barroco e ademais explorador das posibilidades sonoras do instrumento desenvolvendo as técnicas extendidas e novos xeitos de tocar que hoxe seguen unha nova xeración de gaiteiros do país.

Como descripción dos contidos que se impartirán vaia esta breve reseña: Técnica, repertorio e historia da gaita de fole sobre unha perspectiva sutil ao tempo que abrangente. Concebido e estruturado para, partindo desde os elementos rudimentares, dotar ás alunas de recursos e ferramentas imprescindíveis para a construcción dunha aparellaxe técnico-interpretativa sólida. Preténdese unha formación que permita abordar o exigente repertorio da ‘música seria’ do instrumento, nomeadamente o anterior a 1800. Especial atención merecerá, chegado o momento, o papel da gaita na música contemporánea, a súa existencia, as necesidades técnicas da intérprete, os problemas relacionados coa composición e interpretación pseudo-contemporánea, e aínda outros.

Horarios: sábados. mañá e tarde
Lugar: CSC Trisca

Lembramos que o ensino na formación continua da EMPA son aulas individuais. A especialidade de gaita é aulas de 1 hora semanais (cunha regularidade de tres veces ao mes) e que o prezo anual do curso é de 350€ a fazer en dous pagamentos en outubro e en decembro. O curso comeza o 31 de outubro e remata o 25 de xuño de 2016.

 

Paulo Gonzales _Gaite de fole

É licenciado pola Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo do Porto, Portugal; Licenciado em Historia e Ciencias da Música; titulado em Educación Musical pola Universidade de Vigo; diplomado co Título Profesional de Gaita no Conservatorio Profesional de Música de Vigo; realizou o Curso de sanfona no Conservatorio de Música Tradicional da Universidade Popular de Vigo. A súa actividade musical pública como intérprete desenvólvese a traves de tres instrumentos: flauta de bisel, gaita e sanfona; incidindo no repertorio ‘historicamente informado’ e no contemporáneo. Tamén forma parte do consort de flautas A imagem da melancolia (www.aimagemda-melancolia.net). É chamado para actuar regularmente como solista ou con outros grupos presen- tando programas de música antiga ou contemporánea.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario