Aula de regueifa na EMPA

A Escola de Música Popular e Avanzada propón unha aula de Regueifa e Improsación Oral que conducirá Alba María Rodriguez, unha xoven e experta regueifeira de Vigo, cantante e licenciada en Filoloxía Galega pola USC para aquelas persoas que queiran aprender e practicar técnicas de repentización segundo a moda tradicional galega.

A aula ten lugar os venres pola tarde de 16 a 17 h no Auditorio de Galicia no Burgo das Nacións de Santiago de Compostela.

Este é un taller colectivo eminentemente práctico para aprender as técnicas básicas da poesía oral improvisada galega baseado nos recursos do xénero en Galiza (regueifa, brindos, canto ao desafío). Melodía, prosodia, memoria, rima, verso, métrica, espontaneidade, métrica, versificación,… para todos os públicos, niveis e idades (a partir de 16 anos).

Horarios: venres tarde ás 16 h
Lugar: Auditorio de Galicia

—————-

Alba María (Gran Canaria, 1995) é unha cantora, compositora e regueifeira galega. Con 18 anos gaña o I Certame de Canción de Autor do Concello de Teo, a raíz do cal ve a luz o seu primeiro disco: “Aínda” (aCentral Folque, 2014). Desde os 13 anos comeza a cursar acordeón no Conservatorio de Vigo e mergúllase no mundo da música tradicional galega, desenvolvendo unha intensa actividade como improvisadora oral, eminentemente no eido da regueifa. Actualmente é tamén alumna de canto na EMPA (aCentral Folque) e é licenciada en Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario