Aula maxistral con Nacho Muñoz

madammecellEsta semana recibimos unha visita dun personaxe musical moi interesante: Nacho Muñoz, a.k.a. madammecell. Estará no Auditorio de Galicia para falarmos dos seus proxectos persoais pasados e actuais, tan ligados á música galega como responsável da creación de samples e electrónica dos primeiros discos de Mercedes Peón, a produción de Ecléctica Ensemble, como teclista dos históricos Fol de Niu ou Armeguín, a improvisación na OMEGa (Orquestra de Múisca Espontánea de Galiza) ou o pop punk de Ig-Mig.

Breve bio de Nacho Muñoz

Nacho Muñoz aka madamme cell é compositor e creador dearte electrónica, pianista titulado polo CMUS Superior de Vigo. Cun traballo co piano fortemente influído pola procura sobre o electrónico e generative process (synths analóxicos, Pure Data, Arduino), e o gostar do desenvolvemento do piano preparado. Simultaneamente compón os sons electrónicos que escoitan o propio algoritmo interno do sintetizador e módulos electrónicos. Ao mesmo anda escoitando e actuando en moitas situacións de son marabillosas nas cidades. Os proxectos actuais nos que anda traballando na rúa son o Parkour Sonoro, o Laboratorio de Son para crianzas ou as Verbenas Periféricas. As súas ideas musicais son responsaveis de discos senlleiros da música galega coma os primeiros de Mercedes Peón, a produción de Ecléctica Ensemble, os históricos Fol de Niu ou Armeguín ou a improvisación na OMEGa (Orquestra de Múisca Espontánea de Galiza) e o pop punk de Ig-Mig.

http://madammecell.com/

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario