Aula Maxistral con Paulo p

Esta semana recibimos ao músico, compositor e investigador Paulo Gonzales, Paulo p., que ofrecerá unha aula maxistral no Auditorio de Galicia para a EMPA sobre repertorios históricos e posibilidades da gaita de fole. Paulo é un dos músicos máis importantes do país que leva desenvolvido unha nova vía para o entendemento e a práctica instrumental da cornamusa. Moi interesado no repertorio barroco e ademais explorador das posibilidades sonoras do instrumento desenvolvendo as técnicas extendidas e novos xeitos de tocar que hoxe seguen unha nova xeración de gaiteiros do país.

Será este sábado en sesión de dúas horas no Auditorio de Galicia para o alunado da Escola de Música Popular e Avanzada (EMPA).

Paulo é licenciado pola Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo do Porto, Portugal; Licenciado em Historia e Ciencias da Música; titulado em Educación Musical pola Universidade de Vigo; diplomado co Título Profesional de Gaita no Conservatorio Profesional de Música de Vigo; realizou o Curso de sanfona no Conservatorio de Música Tradicional da Universidade Popular de Vigo. A súa actividade musical pública como intérprete desenvólvese a traves de tres instrumentos: flauta de bisel, gaita e sanfona; incidindo no repertorio ‘historicamente informado’ e no contemporáneo. Tamén forma parte do consort de flautas “A imagem da melancolia” (www.aimagemda-melancolia.net). É chamado para actuar regularmente como solista ou con outros grupos presentando programas de música antiga ou contemporánea. Desenvolve os seminarios mensuais para consort de gaita en Allariz Oficina Utricularis.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario