Aula Maxistral con Paulo p.

paulopEsta semana recibimos ao músico, compositor e investigador Paulo Gonzales, Paulo p., que ofrecerá unha aula maxistral no Auditorio de Galicia para a EMPA sobre repertorios históricos e posibilidades da gaita de fole. Paulo é un dos músicos máis importantes do país que leva desenvolvido unha nova vía para o entendemento e a práctica instrumental da cornamusa. Moi interesado no repertorio barroco e ademais explorador das posibilidades sonoras do instrumento desenvolvendo as técnicas extendidas e novos xeitos de tocar que hoxe seguen unha nova xeración de gaiteiros do país.

Será este venres e sábado en sesións de dúas horas nunha das salas do Auditorio de Galicia.

É licenciado pola Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo do Porto, Portugal; Licenciado em Historia e Ciencias da Música; titulado em Educación Musical pola Universidade de Vigo; diplomado co Título Profesional de Gaita no Conservatorio Profesional de Música de Vigo; realizou o Curso de sanfona no Conservatorio de Música Tradicional da Universidade Popular de Vigo. A súa actividade musical pública como intérprete desenvólvese a traves de tres instrumentos: flauta de bisel, gaita e sanfona; incidindo no repertorio ‘historicamente informado’ e no contemporáneo. Tamén forma parte do consort de flautas A imagem da melancolia (www.aimagemda-melancolia.net). É chamado para actuar regularmente como solista ou con outros grupos presen-tando programas de música antiga ou contemporánea.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario