Aulas colectivas EMPA: formación continua

Estreamos especialidades organizadas en aulas colectivas sobre tres áreas moi específicas relativas á arte musical: solfexo segundo o método Kodály con Sérgio de la Ossa; Harmonía na música popular con Alejandro Vargas; Grupo de regueifa e improvisación oral con Alba María Rodríguez. O Auditorio de Galicia é o lugra para recibir estas aulas. Aquí facemos unha sinopse breve de cada unha delas.

Linguaxe musical, método Kodály

Profesor: Sergio de la Ossa

Curso dedicado a aqueles que queiran achegarse á lectura e á escrita da música, ao entrenamento auditivo e á comprensión musical a través do canto e da experiencia práctica, principalmente empregando cancións e melodías instrumentais tradicionais. Empregaremos tanto técnicas consagradas no Concepto Kodály (p. ex. o solfexo relativo/do móbil) como outras máis novidosas. de procedencias varias

Horarios: venres tarde e sábados mañá
Lugar: Auditorio de Galicia

bioSergiodelaOssaSergio de la Ossa é mestre de Educación Musical pola USC. Trasládase despois a Hungría para completar a súa formación entre 2001 e 2004 (obtendo o novo Grao de Especialista en Pedagoxía Musical Kodály no 2010). Desde 2011 imparte a materia de ‘Folk Music’ no Instituto Kodály da Academia Liszt (Kecskemét). Recibe leccións e consellos sobre transcrición e catalogación de músicas tradicionais de parte das etnomusicólogas Mária Domokos e Olga Szalay, do Instituto de Musicoloxía (ZTI) da Academia Húngara das Ciencias, Budapest. Traballa desde 2007 na transcrición, edición e arquivo do material musical pertencente ao Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade do Museo do Pobo Galego (www.apoi-mpg.org). Exerceu como mestre de solfexo, guitarra clásica e harmonía na Escola das Artes (Brión) e na Escola de Música Berenguela (Compostela), e tamén ofreceu cursos e conferencias sobre música tradicional, baile, xogos e a adaptación do Método Kodály á realidade galega. Ampliou o seu interese ao mundo do baile tradicional e á notación do movemento, eido no que destaca a súa participación como co-autor do libro de baile tradicional galego “Así fan os bailadores” (Dos Acordes, 2009).

 

Harmonía na música popular contemporánea

Profesor: Alejandro Vargas

Destinado a todo músico con certa solvencia instrumental que teña curiosidade por iniciarse no mundo da harmonía moderna e o arranxo. Trátase de saír momentáneamente do concepto horizontal/melódico para coñecer a arquitectura vertical da música e as normas e técnicas máis básicas para conseguir colorear melodías.
Serán nove sesións intensivas durante o curso académico coa posibilidade para quen o desexe de asistir ás clases de conxunto instrumental e introdución á improvisación.

Horarios: sábados mañá
Lugar: Auditorio de Galicia

bioalejandro-vargas

Alejandro Vargas, premio Cubadisco de jazz en 2008 e premio especial no 2014. Na actualidade é un dos pianistas, compositores e intérpretes de jazz, máis sobresaíntes da nova xeración de músicos cubanos. Graduado polo Instituto Superior de Arte (ISA) de La Habana, ten tocado cos mellores maestros e nos mellores escenarios do jazz internacional. O seu disco “Trapiche”, foi premiado en 2008 como mellor traballo do ano. En 2009 participa no proxecto galego-cubano, producido por aCentral Folque, “Descarga ao vivo”, do que foi un dos directores artísticos. Desde entón está afincado en Galiza, onde publicou o disco “Oceanía”(2010) como pianista e compositor. Lidera varias formacións a trio e cuarteto e a finais de 2014 publica o seu último disco solista con improvisacións ao piano nunha edición limitada feita a man “AMa AZa LaNdo”

Grupo de improvisación oral e regueifa

Conductora: Alba María Rodríguez

bioAlbaMProposta dun taller colectivo eminentemente práctico para aprender as técnicas básicas do repentismo baseado nos recursos da improvisación oral en Galiza (regueifa, brindos, canto ao desafío). Melodía, prosodia, rima, verso, métrica, espontaneidade,…

Horarios: venres tarde
Lugar: Auditorio de Galicia

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario