A Escola de Música Popular e Avanzada oferta mais un ano no programa académico a especialidade de baile con Sergio Cobos, figura única no panorama da didáctica das danzas galegas nos últimos anos. Son aulas colectivas impartidas os venres e sábados en grupos de prazas limitadas.
Estas aulas de danza tradicional fundamentadas nos bailes soltos galegos (xotas e muiñeiras) con espazo para algún baile agarrado (mazurca, valse ou rumba) e outros ritmos europeos (schottische, valsa mandada,…). Aulas eminentemente prácticas con introducción á linguaxe pictográfica de aprendizaxe de pasos.
Horarios: sábados mañá de 12 a 13.30 (grupo I) e tardes de 16 a 17.30 h (grupo II). Os venres pola tarde son no LSC da Caramoniña
Lugar: CSC Trisca
Prazas: límite por grupo 10 persoas
Sergio Cobos é un dos bailarinos máis experimentados do país, con máis de 20 anos adicado ao ensino de danzas tradicionais e intérprete e autor de coreografías desde finais dos anos 90. É coautor de libros para métodos de baile tradicional (Zampadanzas do mundo; Para cantar e bailar); creador da música de espectáculo que mesturan o baile tradicional coa danza contemporánea coa súa compañía Circio (Baile de soños); acordeonista do trio Mala Herba. Os últimos anos foi desde o Alentejo para todo Portugal desde onde activou unha escena de baile galego no país veciño.
Para prematricularte, pica aqui e cubre o formulario: