Aulas de Harmonía con Alejandro Vargas

A Escola de Música Popular e Avanzada convida máis un ano ao pianista cubano Alejandro Vargas a impartir aulas de Harmonía moderna para quen o queira, logo asisitr ao módulo de Composición e improvisación nun curso regular que se impartirán no Auditorio de Galicia os venres de tarde ás 17 h. Este curso está orientado a músicos de calquera estilo que queiran coñecer a estructura da música popular contemporánea.

Toda información de matrícula está aquí.

Alejandro Vargas

Alejandro Vargas, premio Cubadisco de jazz en 2008 e premio especial no 2014. Na actualidade é un dos pianistas, compositores e intérpretes de jazz, máis sobresaíntes da nova xeración de músicos cubanos. Graduado polo Instituto Superior de Arte (ISA) de La Habana, ten tocado cos mellores maestros e nos mellores escenarios do jazz internacional. O seu disco “Trapiche”, foi premiado en 2008 como mellor traballo do ano. En 2009 participa no proxecto galego-cubano, producido por aCentral Folque, “Descarga ao vivo”, do que foi un dos directores artísticos. Desde entón está afincado en Galiza, onde publicou o disco “Oceanía”(2010) como pianista e compositor. Lidera varias formacións a trio e cuarteto e a finais de 2014 publica o seu último disco solista con improvisacións ao piano nunha edición limitada feita a man “AMa AZa LaNdo”.

Sinopse de Harmonía na música popular contemporánea

Destinado a todo músico con certa solvencia instrumental que teña curiosidade por iniciarse no mundo da harmonía moderna e o arranxo. Trátase de saír momentáneamente do concepto horizontal/melódico para coñecer a arquitectura vertical da música e as normas e técnicas máis básicas para conseguir colorear melodías.

Serán sesións intensivas durante o curso académico coa posibilidade para quen o desexe de asistir ás clases de conxunto instrumental e introdución á improvisación.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario