Avanze da Zona da Zanfona en Rianxo

O Encontro Internacional Zona da Zanfona cumpre trece anos nesta edición de 2017. A cita transladada ao verán de Arousa os vindeiros 7, 8 e 9 de xullo en  Rianxo con concertos, curso, palco aberto e convivio para zanfonistas e público xeral . Este programa camiña cara a maioría de idade (oito anos en Narón e xa cinco en Rianxo) e preséntase coma a palestra máis importante deste instrumento na Península Ibérica con concertos, palestras, presentacións, cursos intensivos de mestres internacionais, concentracións de músicos, bailes e accións de divulgación do instrumento. Por Narón e Rianxo teñen pasado os mellores tocadores de Europa. Consolidado como referente deste instrumento milenario. A repercusión destas xornadas chega a unha grande parte do público interesado neste tipo de músicas, atrae a iniciados e a curiosos e é un revulsivo para a vida cultural da vila cando se celebra así como a proxección internacional dos vídeos gravados e material recollido nas xorndas.

PROGRAMA

  • Día 1 mércores 5 xullo

A zanfona na feira”

Concerto ambulante: Animación de rúa durante a celebración do mercado semanal de Rianxo o mércores na praza Castelao, presentación do ZdZ con concerto entre os postos do mercadiño.

  • Día 2 venres 7 xullo

Concerto ZdZ

Concerto de Cantos de cego da Galiza e Portugal con Ariel Ninas e César Prata.

Curso ZdZ iniciación

Curso para principiantes con Óscar Fernández

  • Día 3 sábado 8 xullo

Concerto e Baile na praza Castelao

Música ao vivo para baile popular. Grupo Estatalá e Brian McCoy + R.T. Taylor

Curso ZdZ perfeccionamento

Curso para especialistas con Brian McCoy + R.T. Taylor (USA)

  • Día 4 domingo 9 xullo

Xuntanza de zanfonas na praza Castelao

Palco aberto para zanfonistas de todo o país

Xantar para zanfonistas das escolas de Galiza.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario