Por vez primeira a Universidade de Santiago de Compostela organiza un curso exclusivo adicado á didáctica da danza tradicional galega que se desenvolverá desde o 26 ao 28 de xuño cun total de 20 horas lectivas. Mestres e achegados á Escola de Música Popular Avanzada coma Sergio Cobos, Mercedes Prieto e Sergio de la Ossa ademais de Marta Otero e Montse Rivera participarán coma ponentes deste curso de verán en Compostela co título completo de “Bailas? Didáctica da danza tradicional galega”
Este curso pretende situar a danza tradicional galega no universo das diferentes modalidades de danza; coñecer a súa función e finalidade; identificar as variables que interveñen no proceso de ensino-aprendizaxe da danza galega relativas a organización de contidos; valorar a importancia das recollas e da nomenclatura; seleccionar, fundamentar e aplicar o soporte musical as intervencións propostas e deseñar unidades didácticas ou programas que consideren diferentes públicos e actividades.
Este é o programa completo:
Día 26 (mañá)
10:00 a 11:30
Inauguración do curso
Conferencia: Teoría sobre o ensino da danza.
Relatora: Mercedes Prieto. Profesora de danza tradicional internacional.
11:30 a 12:00 Pausa
12:00 a 14:00
Obradoiro: Planificacións, obxectivos e contidos. Relatora: Mercedes Prieto.
Espazo para o coloquio e o debate.
Día 26 (tarde)
16:00 a 17:30
Conferencia: Simboloxía e ideogramas do baile tradicional galego: Bailegramas. Relator: Sergio Cobos. Mestre de baile tradicional galego.
17:30 a 18:00 Pausa
18:00 a 20:00
Obradoiro: Escrita e aplicacións dos bailegramas. Relator: Sergio Cobos.
Espazo para o coloquio e o debate.
Día 27 (mañá)
09:30 a 10:30
Conferencia: O desenrolo psicomotriz e o baile. Relatora: Mercedes Prieto.
10:30 a 12:00
Conferencia: Os ritmos da música e do baile. Relator: Sergio de la Ossa. Etnomusicólogo e mestre.
12:00 a 12:30 Pausa
12:30 a 14:00
Obradoiro: A danza tradicional galega na idade infantil.
Relatora: Marta Otero. Membro da asociación de música e baile tradicional galego “Brincadeira”.
Día 27 (tarde)
16:00 a 17:30
Conferencia: As recollas como base da técnica do baile galego. Relatora: Montse Rivera. Mestra de baile tradicional galego.
17:30 a 18:00 Pausa
18:00 a 20:00
Obradoiro: Visionamento e interpretación de recollas. Relatora: Montse Rivera.
Día 28 (mañá)
09:30 a 10:30
Conferencia: Construír programas para tod@s. Relatora: Mercedes Prieto.
10:30 a 12:00
Obradoiro: Planificar unha sesión utilizando bailegramas e recollas. Relatora: Mercedes Prieto.
12:00 a 12:30 Pausa
12:30 a 13:15
Conferencia final: A música e a danza na educación infantil: análise e implicacións curriculares.
Relatora: Lucía Casal de la Fuente. Investigadora da USC.
13:15 a 14:00
Coloquio.
Conclusións e clausura das xornadas. Entrega de diplomas.