Baile Assalto da ELMPG en maio

BA_MaioUn mes mais a ELMPG organiza na Gentalha do Pichel (Sta. Clara 21, Compostela) un Baile Assalto para gozar coa música ao vivo e danzar cos bailes de moda: chotis, valsa, mazurka, xota, muiñeira, rumba, vira, malhão, bourrée, cercle,… Coma sempre, a cita ten lugar o segundo venres de cada mes por volta das 21.30 horas. O billete ten un prezo de 5 €.

Para este mes, o convidado especial vén de Francia, un acordeonista virtuosi especialista en Folk Bal. Raphaël Decoster é un músico autodidacta que comezou a tocar o acordeón en 2006, descubrindo á vez danza e música folk. Desde aquela que arrancou unha viaxe longa de baile en baile, coñecendo moitos músicos e creando diferentes proxectos. A súa aproximación a música é espontánea, visual e emocional. As súas composicións son historias que mudan a depender do tempo e lugar, e que revela algunhas imaxes sen mostrar a pintura enteira. Coa danza como motor, esta visión orixinal de folk bal é aínda inspirada pola tradición, e deixa sempre algún espazo para o inesperado.

Bitoque é a dupla liderada por Ariel Ninas á zanfona que se dai acompañar desta volta polo guitarrista português David Rodrigues, xoven pero experimentado músico especialista tamén no folk bal e integrante, entre outros de String Fling ou a Ethno Portugal.

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario