O Baile Assalto de febreiro ten unha mención especial para as danzas e ritmos atlánticos, unha sorte de Ceilidh, Fez Noch e Foliada coa música ao vivo da Carricobanda, banda instrumental compostelá especializada en ritmos escoceses, bretóns e galegos. Jigss, reels, barn dances, hunter-dro, gavotte, rond, muiñeira, xota, mazurka, valse…
Para guiar o baile contaremos coa presenza do inestimábel Suso Cancelas.
O Bailes Assalto son lugares de encontro para danzar coa mellor música ao vivo os bailes europeos e americanos de moda cada segundo venres de mes (con excepcións!) na Gentalha do Pichel (Santiago DC). A entrada é de 4 € (5 € para quen non sexa alunado da ELMPG ou soci@ da Gentalha).
A Carricoband xúntase ao redor da rúa da Carricova en Compostela, barrio de San Pedro, cuns músicos de Touro, Ribeira, Teo e Escocia. Son unha banda cun toque irlandés e escocés e uns condimentos de música gallega, rumana y nórdica.
Suso Cancelas é un dos especialistas máis veterano ao redor das danzas do mundo en Galicia, activista no grupo de baile A Monteira e conductor de varios bailes regulares no país. Ten experiencia coma docente en cursos especializados das máis diversas danzas europeas.