Baile Assalto de xaneiro

Baile Assalto xaneiro 2016Primeiro Baile Assalto na Gentalha do Pichel deste 2016 logo da estupenda experiencia de ter levado no Nadal esta actividade ás rúas da cidade. O Baile comezará ás 22 horas puntuais e a partir das 24 h abriranse os micrófonos para músicos que queiran subir ao palco aberto para seguir a foliada.

Para esta ocasión contaremos co trio Obal que veñen desde o Morrazo cos seus ritmos franceses e galegos ao son de tres instrumentos tan carismáticos do folque europeo coma o bouzouki, a sanfona e a nickelharpa. Tres músicos recoñecidos e experimentados coma o gaiteiro Iván Costa, e os luthieres Jaime Rebollo e Diego Langarika.

  • Ivan Costa: zanfona
  • Jaime Rebollo: nickelharpa
  • Diego Langarika: bouzouki

O Bailes Assalto son lugares de encontro para danzar coa mellor música ao vivo os bailes europeos e americanos de moda cada segundo venres de mes na Gentalha do Pichel (Santiago DC). A entrada é de 4 € (5 € para quen non sexa alunado da EMPA ou soci@ da Gentalha). E gratis para quen toque no palco aberto (mínimo 15′, falar na billeteira co responsável).

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe

Bookmark the permalink.

Deixa un comentario