Dentro da programación do Artellando, actividades nos bairros paras as Festas do Apóstolo en Compostela, aCentral Folque organiza este Baile Assalto de verán na praza do Toural, de entrada libre e obradoiros de danza durante o día (sen inscrción previa).
aCentral Folque propón un programa arredor da danza galega e das danzas de roda europeas con música ao vivo. Un espazo común que tente achegar diferentes estilos e audiencias a un repertorio común das músicas tradicionais para un obxetivo único que é o divertimento, o exercicio e a interacción social dun xeito lúdico, distendido e informal.
Tamén como un lugar para a aprendizaxe de novos xéneros e bailes e conectar así o público galego ao movemento internacional do “Bal Folk” que tomou forza en Francia nos anos 60 e 70 espallouse ao resto do continente con grande intensidade nos últimos anos e que en Galicia aínda é incipiente sendo un país historicamente moi rico en baile tanto rural e urbano.
aCentral Folque propón para isto programar a grupos de recoñecido prestixio que consigan atraer a un público variado ademais de organizar tres sesións previas de iniciación ao baile galego e aos bailes de roda e agarrados.
Ademais dos grupos musicais contará con asociacións de baile que nos últimos anos teñen desenvolvido unha intensa labor programática arredor do baile e que impartirán os obradoiros como son:
Programa
Obradoiros de iniciación ao baile con música ao vivo
12.30 h Bailes mandados: con Mercedes Prieto e Sergio Cobos
(valsa mandada do Alentejo)
19 h Baile galego: a cargo do celectivo Seráns de Compostela
(baile solto da Galiza)
21 h Obradoiro express do BAile 100% (bailes da Europa)
Baile Assalto
22 h Baile con música ao vivo: Baile 100% con Os CEMPÉS
Os Cempés, o mítico grupo paratradicional con base en Ferrolterra, volta aos palcos cun novo concepto: o Baile 100%, sesións de baile colectivo, guiados polo cantante do grupo, Serixio Ces, para deleite do público. Mazurcas, polkas, círculos, chotis, bourrées,… e por suposto xotas e muiñeiras e pasodobles e valsas. Para este concerto asistirán en formato de cuarteto con acordeón, gaita, zanfona, pandeireta e guia de baile!
- Óscar Fernández: zanfona
- Roberto Grandal: acordeón
- Serxio Cés: percusión e guia de baile
Vídeo dun Baile 100%: