Baila Bailegramas no Romaño

O vindeiro venres 25 de xaneiro aCentral Folque organiza un baile para presentar o libro Bailegramas de Serxio Cobos en Santiago de Compostela. Será un baile aberto ao bairro e á cidadanía con música ao vivo en horario de serán.

Alunado e mestres da Escola de Música d’aCentral Folque poñen música para quen asista a esta reunión festiva onde presentaremos a viva voz o primeiro libro da colección Seiva que tenta describir con pictogramas os movementos do baile patrimonial galego e ser unha aproximación en partitura de muiñeiras e xotas.

A entrada é de balde no novo centro social do Romaño (Travesía de Vista Alegre, 46). O horario será de 20 a 22 h. Hai buses cada 30′ (Número 4) que paran moi próximos na rúa de Avío.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

2 Comments

  1. José Vicente Novegil

    Unha pena que non poida asistir… acabo de comprar o libro “Bailegramas” e teño sentimentos encontrados: decepción e ilusión.
    Decepción porque lendo o libro noto en falta algún complemente en formato CD que explique en forma de expresión corporal a transcrición dos puntos. Con só o libro é imposible enterarse.

    Logo descubrín 2 videos na vosa canle de Youtube onde Serxio executa certos pontos de muiñeira e polo menos me queda a ilusión de intentar conectar o bailegrama á sua expresión artística. e aquí é onde teño ilusión: en conseguir descifrar a proposta de Bailegramas.

    Sería necesario algún tipo de explicación máis clara audiovisual das diferentes transcricións na canle de Youtube….

    Tal e como está agora o libro non axuda moito pero teño ilusión en conseguir descifralo.

    Un abrazo grande

  2. Olá José Vicente,
    certamente o libro é unha introducción ao sistema e como dis, falta material para facer del un uso completo, se ben é certo que cun libro non se aprende a bailar, mas isto é o inicio dun proxecto máis ambicioso que no futuro esperamos desenvolver.
    Para comezar, imos facer un curso intensivo o sábado 2 de marzo en Compostela precisamente para desenvolver os bailegramas. En breve lanzamos a info completa na web folque.com para apuntareste.

    apertas,
    aCentral Folque.

Deixa unha resposta a aCentral Folque Cancelar a resposta